Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2000 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Meda. (Expediente IN661A 98/2-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Iberdrola Diversificación, S.A. con domicilio para efectos de notificacións en r/ Circunvalación, nº 17, A Rúa (Ourense), sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Meda; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 22 de maio de 1998, Heliodoro Oviedo Busto, en nome e representación de Iberdrola Diversificación, S.A., solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Meda, de 11,88 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense, do 12 de xullo de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27

de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 20-8-1999, BOP de Ourense do 12-8-1999 no diario La Región do 27-7-1999, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil e deuse coñecemento para os afectados mediante a oportuna notificación individual.

As alegacións recibidas durante o período de información pública contestáronse na resolución da autorización da citada instalación.

Terceiro.-O 5 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-O 30 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas :

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

MedaMontederramo

Xunqueira de Espadanedo

Parada de Sil

613.0004.689.000

614.0004.690.000

615.5004.688.000

615.5004.687.000

615.0004.687.000

615.0004.686.000

614.0004.686.000

614.0004.689.000

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 18.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: Gamesa G-47.

Potencia total instalada: 11,88 MW.

Producción anual estimada: 32.266 MWh/ano.

Investimento previsto: 1.384.683.923 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-Interconexión dos aeroxeradores con dous circuítos eléctricos subterráneos a 20 kV.

-Centro de transformación para instalar un en cada aeroxerador de 800 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

A subestación transformadora atópase nas instalacións do parque eólico do Sil.

Quinto.-O día 4 de agosto de 2000, José Graña Coello interpuxo recurso de alzada contra a citada Resolución do 30 de xuño de 2000, que foi desestimado por esta consellería con data do 24 de outubro de 2000.

Sexto.-Os días 18 e 21 de agosto de 2000, Rafael Vallés Urriza, en nome e representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cacharrequille, O Medón, Os Currás e As Ratoeiras, propietaria dos montes en man común de Cabeza

de Meda, Pedroso, Cabezo, Devesa e Outeiro de Ratoeiras, por unha banda, e Ramón Rodicio Gómez, María, Eugenio e María Inmaculada Rodicio Hidalgo e María Dolores Domínguez Rodicio, por outra banda, interpuxeron, cada un, recurso de alzada contra a citada Resolución do 30 de xuño de 2000, que foron desestimados por esta consellería con data do 14 de setembro de 2000.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Meda, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, de se-lo caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio