Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/236-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: entroncamento sub. treito-L.A.T. 66 kV Tambre-Padrón.

Situación: Rois.

Descricións técnicas: modificación do apoio nº 70 da liña de alta tensión, a 66 kV, Tambre-Padrón, implantando: novo apoio metálico de celosía, con tres ternas de crucetas, unha para un circuíto e as outras para derivación en dobre circuíto, de entrada e saída da subestación de treito, de Gamesa Energía, S.A. Conductor en dobre circuíto, a 66 kV, e tipo LA-180, do 25 m de lonxitude, entre apoio nº 70 e embarrado da subestación. Rois.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña