Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 7 de novembro de 2000 pola que se adapta ós regulamentos do (CE) 1257 e 2603 a Orde do 20 de outubro de 1999 pola que se convocan axudas para o fomento das razas autóctonas en perigo de extinción.

A Política Agraria Común tende a fomenta-las medidas de desenvolvemento dunha agricultura menos intensiva, o emprego de prácticas de producción que diminúan os efectos contaminantes, a conservación de terras agrícolas abandonadas e a

xestión con vistas ó acceso do público e o ocio como instrumentos da política ambiental.

En particular, o Regulamento (CEE) 2078/1992 do Consello, do 30 de xuño (en vigor ata o 31 de decembro de 1999), promoveu métodos de producción agrícola propicios para o desenvolvemento dunha agricultura compatible coas esixencias ambientais e de conservación do espacio natural, establecendo un réxime de axudas, cofinanciadas polo Feoga-Garantía, para compensa-las perdas de renda orixinadas pola reducción da producción ou o aumento de custos que supoñen os ditos métodos.

O dito regulamento, no seu artigo 3, puntos 1, 2 e 3, regula a aplicación por parte dos estados membros do réxime de axudas a través de programas plurianuais de zona e, no punto 4, autoriza que estes establezan un marco regulamentario xeral que dispoña a aplicación horizontal na totalidade do seu territorio dunha ou varias das axudas previstas.

De acordo co anterior, o Real decreto 51/1995, do 20 de xaneiro, estableceu un réxime de medidas horizontais para fomentar métodos de producción agraria compatibles coas esixencias da protección e a conservación do espacio natural.

Por outra parte, a decisión da Comisión C(95) 18, do 19 de xaneiro, aproba o dispositivo de aplicación deste réxime de axuda en España, cun programa de medidas xerais aplicables en todo o territorio español e outro de medidas específicas aplicables en zonas seleccionadas, entre as que se atopan medidas para aplicar en zonas da Comunidade Autónoma de Galicia e con participación do Feoga-Garantía nos gastos financiables.

O Regulamento (CE) 2078/1992 foi derrogado polo Regulamento 1257/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999, sobre a axuda ó desenvolvemento rural con cargo ó Feoga, que dedica os artigos 22, 23 e 24 ás medidas agroambientais.

Para facilita-la adaptación do anterior programa ás novas condicións e garanti-la continuidade dos programas, publicouse o Regulamento 2603/1999 da Comisión, do 9 de decembro, polo que se establecen medidas transitorias para prorrogar ata o 31 de decembro de 2000 os compromisos agroambientais contraídos ó abeiro do Regulamento (CEE) 2078/1992.

Segundo o anterior, é necesario aplica-lo período transitorio para dar cobertura legal durante este ano 2000 a aquelas solicitudes presentadas ó abeiro do Regulamento (CEE) 2078/1992 no ano 1999.

De acordo co disposto na Lei 7/1994, do 29 de decembro, pola que se creou o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, compételle a este a execución en Galicia das actuacións derivadas da aplicación da reforma da Política Agraria Común (PAC), inclusive as medidas de acompañamento, como neste caso as agroambientais, o que tamén se establece no arti

go 5 do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que desenvolve a citada lei, así como no artigo 14 do Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e do propio Ilga. Mais, por non contar con persoal técnico de seu para xestiona-las axudas, é necesario que parte da súa xestión se leve a cabo por diversos órganos da devandita consellería.

En consecuencia, ó abeiro do disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Constitúe o obxecto da presente orde a regulación dos requisitos e o procedemento para establece-la prórroga, como máximo ata o 31 de decembro de 2000, daqueles programas con solicitudes aprobadas no ano 1999. Este procedemento incluirá a tramitación, concesión e pagamento das axudas para o fomento das razas autóctonas en perigo de extinción, no marco do fomento das prácticas agrícolas compatibles co medio ambiente, todo isto de acordo co disposto no artigo 3 do Regulamento (CEE) 2063/1999 da Comisión de 9 de decembro.

Así mesmo, realizarase o pagamento dos compromisos, vixentes para este ano, daqueles programas aprobados con anterioridade ó 30 de xullo de 1999 ó abeiro do Regulamento (CEE) 2078/1992, do Consello, do 30 de xuño de 1992, e que aínda non completaron os cinco anos de execución.

Artigo 2º.-Finalidade.

Co desenvolvemento deste deste réxime de axudas preténdese alcanza-los seguintes obxectivos:

-Contribuír ó mantemento e conservación dun recurso xenético autóctono.

-Axudar ó mantemento da renda nestas zonas de orixe das ditas razas, contribuíndo a evita-la despoboación destas zonas, e achegando unha riqueza natural e paisaxística.

-Fomenta-lo aproveitamento de terras onde poidan sobrevivir só razas autóctonas.

-Contribuír a conserva-lo medio natural, así como a diminuí-la incidencia dos incendios forestais, ó manter limpo o sotobosque.

-Dar cobertura e continuidade ó programa agroambiental no marco do disposto no Regulamento de transitoriedade (CE) 2603/1999, da Comisión.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O programa aplicarase para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con preferencia naquelas explotacións situadas nas zonas de orixe destas razas.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán beneficiarse das axudas reguladas na presente orde as persoas físicas ou xurídicas titulares da explotación onde exista algún exemplar destas razas autóctonas en perigo de extinción, sexa en réxime de propiedade ou de cesión pola Administración autonómica, así como os propietarios de exemplares destas razas criadas en liberdade en terreos veciñais ou montes en man común, que teñan un programa aprobado con anterioridade ó 31 de decembro de 1999 e que cumpran os requisitos establecidos na Orde do 20 de outubro de 1999 pola que se convocan axudas para o fomento das razas autóctonas en perigo de extinción.

Artigo 5º.-Contía da axuda para os programas prorrogados.

Os beneficiarios dos programas prorrogados poderán percibir, como máximo, durante o ano 2000, unha prima de 10.000 ptas./UGM (unidades de gando maior). Para o cálculo das equivalencias entre as cabezas e UGM entre as distintas especies terase en conta o anexo II do Regulamento (CEE) 950/1997.

Artigo 6º.-Solicitudes de pagamento e documentación complementaria.

6.1. As solicitudes de pagamento poderán presentarse, preferentemente, nas delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, ou nas oficinas e rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.2. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de novembro de 2000.

6.3. Ás solicitudes de pagamento, en modelo oficial conforme o anexo I para os programas aprobados con anterioridade ó ano 1999 e, conforme ó anexo II para os programas aprobados no ano 1999, da presente orde, deberá xuntarse a seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI/NIF do solicitante.

2. No caso de axudas para o gando vacún:

a) Fotocopia da folla de saneamento gandeiro en vigor.

b) Certificados de nacemento dos animais correspondentes, e fotocopia das fichas de rexistro dos animais adultos dados de alta na explotación desde a última campaña.

c) Copia ou fotocopia do impreso das primas ás que ten dereito, asinado polos técnicos do programa de conservación das razas autóctonas da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

d) Certificación da entidade financeira, coa especificación do código conta cliente, aberta a nome do solicitante, para o ingreso da axuda, no susposto de que non sexa a mesma que xa conta no expediente.

e) Declaración de tódalas axudas solicitadas para a mesma finalidade.

3. No caso de axudas para o gando cabalar:

a) Fotocopia das fichas de rexistro, no Libro Xenealóxico do Cabalo Galego do Monte, de cada un dos animais maiores de seis meses que teña na súa explotación.

b) Certificación da entidade financeira, coa especificación do código conta cliente, aberta a nome do solicitante, para o ingreso da axuda, no susposto de que non sexa a mesma que xa conta no expediente.

c) Declaración de tódalas axudas solicitadas para a mesma finalidade.

Artigo 7º.-Tramitación e control administrativo da solicitude de pagamento.

A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e os órganos periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria funcionalmente dependentes daquela, realizarán as funcións de tramitación previas á resolución e pagamento, así como as inherentes ó servicio técnico, é dicir, efectuarán a recepción e rexistro, se é o caso, das solicitudes, a comprobación e verificación de que a documentación presentada está completa, solicitando, se procede, a documentación complementaria necesaria co fin de emitir informe sobre a adecuación dos feitos que serven de base para a determinación da cantidade que lle deberá ser aboada a un beneficiario, conforme coa normativa comunitaria que resulte de aplicación e a estatal e autonómica que a desenvolven. Posteriormente emitirán un informe e remitirán os expedientes completos ós servicios provinciais do Ilgga para o seu tratamento informático, os que elaborarán a proposta correspondente para a súa resolución polo director do Ilgga.

O prazo para dictar resolución rematará o 31 de decembro de 2000, podendo considerarse desestimadas, por silencio administrativo, as solicitudes non resoltas e comunicadas no dito prazo.

Artigo 8º.-Control e seguimento do programa.

O control da aplicación do programa será efectuado polos técnicos correspondentes dos programas de conservación das razas autóctonas en perigo de extinción, adscrito ós servicios técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, que ademais efectuarán o seguimento, controis e comprobacións que coiden oportunas para garanti-la correcta execución dos programas e o oportuno cumprimento dos requisitos esixidos para beneficiarse das axudas desta orde.

Non obstante, o Ilgga poderá demanda-la realización daquelas inspeccións e controis adicionais que se consideren necesarios para comproba-lo cumprimento de calquera requisito esixido na normativa comunitaria, estatal ou autonómica que resulte de aplicación.

Unha vez realizado o control, o técnico asinará o impreso de axuda á que ten dereito por esta orde.

Artigo 9º.-Aboamento da axuda.

1. A constatación do cumprimento das condicións deste programa será realizada polos técnicos correspondentes dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria os cales cubrirán o epígrafe correspondente do impreso de solicitude de pagamento. Esta comprobación poderá facerse aproveitando a visita á explotación polo técnico por razóns do programa de conservación e preservación das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción ou por razóns do programa de conservación, fomento e mellora da raza Cabalo Galego do Monte.

2. Sen embargo, será responsabilidade do titular da explotación solicita-la dita comprobación e visita dos técnicos, polo menos unha vez ó ano antes do 30 de outubro.

3. O pagamento da axuda prevista nesta orde estará condicionado á comprobación polos técnicos dependentes da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria do cumprimento dos compromisos asumidos. A dita comprobación servirá de base para que o Ilgga efectúe, se é o caso, o pagamento da axuda.

4. Para os efectos previstos neste artigo, os titulares das explotacións beneficiarias deberán colaborar nas medidas que se adopten para o seguimento e control do programa, así como permiti-lo libre acceso á súa explotación e a toma de datos e rexistros ós técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

5. Os servicios técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria poderán requirirlle en todo momento ó beneficiario da axuda a presentación de calquera documentación adicional que considere necesaria para a concesión, aboamento e control da axuda.

Artigo 10º.-Réxime sancionador.

1. Aplicaranse as sancións correspondentes de acordo co establecido no punto seguinte deste artigo, cando se dea algún dos seguintes supostos:

1. Que exista discrepancia entre as UGM declaradas e comprobadas.

2. Cando se observe incumprimento dos compromisos técnicos e de conservación das razas autóctonas ás que está destinada a axuda.

3. A non presentación da solicitude anual de renovación dos compromisos plurianuais.

10.2. Ante falsa declaración, ben deliberada ou ben por neglixencia grave, rescindirase o contrato, e o beneficiario non poderá incorporarse ó programa ata que transcorran dous anos.

En todo caso será de aplicación o disposto no Regulamento CE 746/1996, en relación co establecido nos Regulamentos CEE 3887/1992, CEE 3508/1992

e CEE 1648/1995, relativos ó sistema integrado de xestión e control.

Artigo 11º.-Compatibilidade e axudas máximas.

As axudas reguladas na presente orde serán compatibles coas relativas á conservación da paisaxe e prevención da erosión nos sistemas extensivos de pastoreo, conservación do contorno paisaxístico e loita contra a erosión en viñedos da Ribeira Sacra e a protección integrada do viñedo mediante métodos biotecnolóxicos.

Así mesmo, serán acumulables ata as contías máximas previstas no Regulamento (CEE) 2078/1992, do Consello, do 30 de xuño de 1992.

Artigo 12º.-Agricultor a título principal.

1. Cando o titular da explotación exerza a súa actividade como agricultor a título principal (ATP) de acordo coa definición do artigo 2 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, as contías establecidas incrementaranse nun 20%, tendo en conta o establecido no artigo anterior.

2. A xustificación da condición de ATP realizarase, como norma xeral, mediante fotocopia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio do que xa rematase o prazo para a súa presentación en período voluntario, ou coa media das rendas fiscalmente declaradas como tales polo mesmo durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais. Para estes efectos, imputaránselle ó titular da explotación as seguintes rendas:

1. As de actividade agraria da explotación.

2. As procedentes doutras actividades empresariais ou profesionais, así como as orixinadas por traballos desenvolvidos fóra da explotación, incluídas as pensións e haberes pasivos que fiscalmente estea obrigado a declarar.

3. O 50% das producidas polo capital mobiliario e inmobiliario, no caso de réxime de gananciais, e o 100% das súas rendas privativas.

Deberase acompaña-la citada xustificación dun informe de vida laboral emitido pola Tesourería da Seguridade Social.

Artigo 13º.-Financiamento das actuacións.

1. As accións previstas na presente orde financiaranse segundo os acordos das conferencias sectoriais, entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

2. O aboamento da axuda ó interesado poderá condicionarse á recepción pola Administración autonómica das transferencias correspondentes ás participacións do MAPA e do Feoga-Garantía na súa financiación.

3. No exercicio 2000, as axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.50.712 A.773.0

«Apoio á eficacia dos sistemas productivos» do orzamento de gastos do Ilgga para o dito exercicio, no que existe crédito suficiente para esta finalidade por un importe de 2.500.000 (dous millóns cincocentas mil) pesetas.

Artigo 14º.-Control interno.

En todo o que atinxe á execución deste programa, os órganos xestores e os beneficiarios dela recollidos nos artigos precedentes, quedarán sometidos á actividade de auditoría interna do Servicio de Auditoría Interna do Ilgga, ó actuar este como organismo pagador dos fondos Feoga-Garantía.

Disposición transitoria

De acordo co punto 2º do artigo 3 do Regulamento (CEE) 2063/1999 da Comisión, aqueles beneficiarios que se incorporaron ó programa no ano 1999 e que teñen asinado un contrato coa fórmula 1+5, que se prorroga mediante esta orde, como máximo ata o 31 de decembro de 2000, teñen a obriga de formalizar un novo compromiso quinquenal unha vez que se aprobe o programa de desenvolvemento rural presentado á comisión.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ó procedemento para a concesión da subvención regulada na presente orde seralle de aplicación o sistema de recursos establecidos no capítulo II do título VII da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Segunda.-As axudas reguladas nesta orde, seralles de aplicación o disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na redacción dada ó mesmo polo artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro de 1999.

Terceira.-As resolucións que en aplicación da presente orde dicte o director do Ilgga, non esgotarán a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o presidente do instituto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Disposición derradeira

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria