Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.219

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 6 de novembro de 2000 pola que se modifica o prazo de xustificacións dos programas aprobados ó amparo da Orde do 1 de setembro de 2000 que regula as axudas para a mellora estructural e adaptación dos procesos productivos de sementes e plantas de viveiro de calidade.

Por Orde do 1 de setembro de 2000 (DOG nº 128) abríuse unha segunda convocatoria de solicitudes pola que se regulan axudas para a mellora estructural e adaptación dos procesos productivos de sementes

e plantas de viveiro de calidade. Esta orde remitía, para o seu cumprimento, ás disposicións reguladoras establecidas na Orde do 19 de xuño de 2000.

Unha destas disposicións fai referencia as xustificacións dos programas (artigo 9), fixando o 31 de outubro como data derradeira para a finalización dos programas aprobados.

Ó ter aberto un segundo prazo de solicitudes esta data deberá axustarse á realidade do seu procedemento administrativo.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983 reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

Artigo único.

As actuacións previstas nos programas aprobados ó amparo da Orde do 1 de setembro de 2000, pola que se abre unha segunda convocatoria de solicitudes para a mellora estrtuctural e adaptación dos procesos productivos de sementes e plantas de viveiro de calidade, deberán finalizar antes do 1 de decembro de 2000.

Os programas que se aproben para a súa execución no ano 2001 deberán estar rematados antes do 30 de xuño do mesmo ano.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria para dicta-las disposicións que considere oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2000.

Castor Gágo Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria