Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.219

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 7 de novembro de 2000 pola que se amplía o prazo de realización e xustificación dos investimentos executados ó abeiro da Orde do 30 de maio de 2000 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios no sector da minería na Comunidade Autónoma galega para o ano 2000.

A antedita Orde do 30 de maio do 2000, que se publicou no Diario Oficial de Galicia nº 11, do 8 de xuño, establece no seu artigo 12 como requisito para o libramento das axudas concedidas, a presentación da documentación xustificativa de ter realizado e pagado o investimento antes do 15 de novembro.

Tendo en conta o atraso producido na resolución de concesión destas axudas, motivado pola demora con que se publicou a orde reguladora, considérase necesario amplia-lo prazo de realización e xustificación dos investimentos correspondentes ó presente ano, razón pola que

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de realización e xustificación dos investimentos ou actuacións correspondentes ó presente ano, que foron subvenciadas o abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 30 de maio de 2000, ata o 27 de novembro.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio