Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.172

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de outubro de 2000 pola que se modifica a do 4 de xaneiro de 1999 pola que se regula a constitución de agrupacións.

A Orde do 4 de xaneiro de 1999 regula a constitución de agrupacións formadas por colectivos de traballadores ou empresarios que se dediquen á mesma modalidade de traballo e posúan o correspondente título administrativo habilitante e sexan socios da mesma confraría.

Finalizado o proceso de regularización e adaptación das confrarías á nova situación propiciada polo Decreto 79/1998, do 12 de febreiro, polo que se regula a estructura, organización e funcionamento das confrarías de pescadores de Galicia, e unha vez aprobados os estatutos dos pósitos, observouse a necesidade de que os estatutos e os regulamentos de réxime interior que debían rexe-lo funcionamento das distintas agrupacións no seo dunha confraría tivesen en conta unha serie de paralelismos que garantisen a boa harmonía entre os distintos órganos de goberno do pósito e da agrupación.

Examinados os distintos regulamentos de réxime interior, os estatutos das distintas confrarías e de

conformidade co disposto no Decreto 79/1998, do 12 de febreiro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O punto 3 do artigo 15 queda redactado coma segue:

«O seu mandato terá unha duración de 4 anos, sendo elixidos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, poderán ser reelixidos.

As eleccións á xunta directiva deberán coincidir, sempre que sexa posible, coas eleccións ós órganos de goberno da confraría, mesmo no suposto de celebración anticipada das eleccións.

As vacantes producidas na xunta directiva deberán ser cubertas polos candidatos máis votados pero que non acadaron o número de votos suficientes para acceder ó dito órgano. No suposto de non haber eses suplentes deberanse convocar eleccións parciais para cubri-las vacantes».

Artigo 2º

A letra g) do artigo 16 queda redactado como segue:

«Elixi-lo tesoureiro da agrupación e o secretario.

Por proposta da xunta directiva, e logo de aceptación do cabido, o posto de secretario poderá ser ocupado polo secretario dos órganos de goberno da confraría.

No caso de non autorización polo cabido ou non aceptación polo secretario dos órganos de goberno da confraría, o posto de secretario da agrupación poderá ser cuberto por aquela persoa que acorde a maioría dos membros da xunta directiva».

Artigo 3º

O punto 1 do artigo 18 queda redactado como segue:

«O mandato do presidente terá unha duración de 4 anos, e poderá ser reelixido».

Artigo 4º

Ó punto 1 do artigo 28 deberá engadirse:

«A mesa electoral estará composta por un presidente, que será o patrón maior da confraría, por tres vocais, dos que un será o presidente da agrupación, e os outros dous o traballador con máis antigüidade e o traballador máis novo na pertenza á agrupación e na confraría, e o secretario da agrupación. No suposto de que concorran ás eleccións, non poderán formar parte da mesa electoral os anteriormente citados».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura