Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.171

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 25 de outubro de 2000 que modifica a do 23 de decembro de 1999 pola que se regula a constitución e funcionamento das unidades docentes para a formación de especialistas en medicina familiar e comunitaria.

A Orde do 23 de decembro de 1999 pola que se regula a constitución e funcionamento das unidades docentes para a formación de especialistas en medicina familiar e comunitaria ten por obxecto regula-las unidades docentes de medicina familiar e comunitaria que serán as que teñan a responsabilidade sobre a organización e supervisión do desenvolvemento dos programas para a formación en medicina familiar e comunitaria, así como o control sobre o cumprimento dos seus obxectivos, velando pola

súa calidade e a súa adecuación ás nomas que rexen a formación nesta especialidade, e promovendo a investigación no ámbito da atención primaria.

A disposición adicional segunda desta orde establecía que as xerencias de atención primaria lle remitirían á División Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, para a súa remisión á Dirección Xeral de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidade e Consumo, a seguinte documentación: copia do nomeamento do coordinador da unidade docente, memoria anual das actividades de formación especializada intra e extrahospitalarias, certificación das cualificacións asignadas na avaliación anual a cada un dos especialistas en formación, informe agregado dos resultados da avaliación das unidades asistenciais á que se refire o punto duodécimo segundo da orde do Ministerio da Presidencia do 22 de xuño de 1995 e propostas de avaliación final do período de formación, xunto cos correspondentes libros do especialista en formación.

A Orde de 22 de xuño de 1995 do Ministerio da Presidencia, pola cal se regulan as comisións de docencia e os sistemas de avaliación da formación de médicos e farmacéuticos especialistas, establece na súa disposición adicional cuarta, a remisión á Dirección Xeral de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidade e Consumo da documentación necesaria para a avaliación final destes profesionais.

Por outra banda, a Resolución do 31 de marzo de 1999 da subsecretaría do Ministerio de Sanidade e Consumo e da Dirección Xeral de Ensino Superior e Investigación Científica do Ministerio de Educación e Cultura vén desenvolve-los criterios para a aplicación do disposto nos puntos décimo e décimo primeiro da citada orde.

No seu punto terceiro atribúeselle a devandita competencia á Subdirección Xeral de Desenvolvemento Profesional do Ministerio de Sanidade e Consumo, actualmente denominada Subdirección Xeral de Formación Sanitaria e Relacións Profesionais segundo o Real decreto 1450/2000, do 28 de xullo, que modifica a estructura organizativa básica do Ministerio de Sanidade e Consumo.

Polo exposto, faise necesaria a modificación da Orde do 23 de decembro de 1999 pola que se regula a constitución e funcionamento das unidades docentes para a formación de especialistas en medicina familiar e comunitaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a disposición adicional segunda, da Orde do 23 de decembro de 1999 pola que se regula a constitución e funcionamento das unidades docentes para a formación de especialistas en medicina familiar e comunitaria, que queda redactada do seguinte xeito:

Disposición adicional

Segunda.-As xerencias de atención primaria remitiranlle á Subdirección Xeral de Planificación Sani

taria e Aseguramento do Sergas, para a súa remisión á Subdirección Xeral de Formación Sanitaria e Relacións Profesionais do Ministerio de Sanidade e Consumo, a seguinte documentación:

a) Copia do nomeamento do coordinador da unidade docente.

b) Memoria anual das actividades de formación especializada intra e extrahospitalarias.

c) Certificación das cualificacións asignadas na avaliación anual a cada un do especialisas en formación.

d) O informe agregado dos resultados da avaliación das unidades asistenciais á que se refire o punto duodécimo (segundo) da orde do Ministerio da Presidencia do 22 de xuño de 1995.

e) Propostas de avaliación final do período de formación e actas da sesión de avaliación do último ano.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais