Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de outubro de 2000, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo da Consellería de Industria e Comercio.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal do Instituto Galego de Consumo ás súas necesidades de funcionamento fai necesario modifica-la relación de postos de traballo do citado instituto.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Industria e Comercio, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinteseis de outubro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Aproba-la nova relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo da Consellería de Industria e Comercio, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, o seguinte:

Código: IC.A01.00.000.15770.054.

Denominación: xefe Sección Habilitación.

Motivación: posto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

4. Deixar sen efecto a relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo publicado no DOG nº 19, do 29 de xaneiro de 1999.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de outubro de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo da Consellería de Industria e Comercio, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública