Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de outubro de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística da Consellería de Economía e Facenda.

O Decreto 203/2000, do 21 de xullo, polo que se regula a estructura orgánico - funcional do Instituto Galego de Estatística, (DOG nº 151, do 4 de agosto), adecua a estructura orgánica do devandito instituto á realidade actual derivada da aprobación pola Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan Galego de Estatística 1998-2001. Todo isto fai necesario aprobar unha nova relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de outubro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Aproba-la nova relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística da Consellería de Economía e Facenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican os seguintes:

Código: EF.A01.00.000.15770.001.

Denominación: secretario/a de director.

Motivación: artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Posto de confianza.

Código: EF.A01.00.001.15770.011.

Denominación: xefe Sección de Contabilidade e Habilitación.

Motivación: posto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

4. Deixar sen efecto a relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística publicado no DOG nº 172, do 8 de setembro de 1997.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de outubro de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística da Consellería de Economía e Facenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública