Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte integrado por catro parcelas e denominado O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa e Campo de Fútbol, a favor dos veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo, no concello de Ourense.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o dezanove de setembro de dous mil, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común integrado por catro parcelas

e denominado O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa e Campo de Fútbol, e a solicitude da asociación de veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo, concello de Ourense.

Resultando que con data 12 de agosto de 1997 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, asinado polos veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo, Concello de Ourense, no que se solicita que se declare o monte O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa e Campo de Fútbol como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada en data do 4 de novembro de 1997, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte desig-

nando instructores del a Manuel Bouzas Costa e a José Manuel Baltar Blanco, que aceptaron tal cargo; que se librou mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade nº 1 de Ourense; e que se remitiu comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de San Breixo Seixalbo, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Ourense, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Castastro, e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente, se practicou no Rexistro da Propiedade nº 1 de Ourense, como segue:

«Tomo 1778, libro 1035, folios 215, 216, 217, 218, predios 63.186, 63.187, 63.188 e 63.189, anotacións letra A».

Resultando que na reunión do xurado do 30 de setembro de 1998 se adoptou o acordo de nomear instructora a Míriam Areal López en substitución de José Manuel Baltar Blanco nos expedientes de clasificación pendentes.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes: 1) que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades muncipais; 2) que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado; 3) que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano; 4) que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e 5) que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividumdo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo, no concello de Ourense.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación iniciouse por acordo do xurado, por instancia da parroquia de San Breixo de Seixalbo, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de procedemento administrativo do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa, e Campo de Fútbol, de 83.728 m aproximadamente en conxunto, de superficie a favor dos veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo, no concello de Ourense, e cos datos que a seguir se relacionan, coma veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Ourense.

Denominación: monte integrado por catro parcelas denominadas respectivamente: O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa e Campo de Fútbol.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo.

Superficie total: 83.728 m aproximadamente, en conxunto.

Parcela denominada O Carqueixal-1:

Superficie: 38.735 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: Comunal Carqueixal-2, grupo escolar.

Sur: Camiño público das Avesadas.

Leste: instalacións deportivas do Carqueixal.

Oeste: Generoso González Fernández, Arturo Iglesias Rodríguez e herdeiros de Adolfo Zón Mera, e outros.

Parcela denominada O Carqueixal-2:

Superficie: 25.833 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: José Fernández García, Amadeo Maseda González e outros.

Sur: aberto grupo escolar e comunal do Carqueixal-1.

Leste: herdeiros de Purificación Diéguez Amoeiro, e outros.

Oeste: Amadeo Maseda, outros e río Barbaña.

Parcela denominada Chao da Moa:

Superficie: 3.176 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: herdeiros de Benigno Picouto Rodríguez, Manuel Carrera Pérez, e outros.

Sur: herdeiros de Iriarte Pousa Sequeiros, José Pavón Rivo, e outros.

Leste: herdeiros de José Pavón Rivo, Luis Gómez Pavón, e outros.

Oeste: herdeiros de Manuel Cid Rivo e José Pavón Rivo, e outros.

Parcela denominada Campo de Fútbol:

Superficie: 15.984 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: plataforma da entrada ó grupo escolar de Seixalbo.

Sur: Rúa da Vela.

Leste: herdeiros de Celia Freire Picouto.

Oeste: Rúa da Vela.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselles esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Ourense, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.)

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 25 de setembro de 2000.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense