Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da execución das obras de adecuación, selaxe e clausura do vertedorio de RSU de Burela (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU de Burela (Lugo).

2.2. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 42.935.477 pesetas, IVE incluído (258.047,41 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación 858.710 pesetas (5.160,95 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 1.717.419 pesetas (10.321,90 euros).

7. Obtención da documentación.

7.1. Copistería: Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Requisitos específicos do contratista.

8.1. Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría E.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite de presentación: ás 14 horas do viséximo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase o seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Jose Luis Aboal García Añón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente