Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores OU-157/2000P e cinco máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 27 de setembro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 157/00P.

Denunciado: Alfredo Manuel Sousa López.

DNI: 34.974.483-Q.

Derradeiro enderezo coñecido: finca Riestra, s/n (Ourense).

Feito denunciado: pescar con tres canas no encoro de Castrelo de Miño.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.

Instructora: Míriam Areal López.

-Expediente: OU 164/00P.

Denunciado: José Barreira Gregorio.

DNI: X272405Q.

Derradeiro enderezo coñecido: Barreira, nº 6-2º (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen porta-la licencia de pesca, aínda sendo titular dela.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 5.000 pesetas.

Instructora: Míriam Areal López.

-Expediente: OU 201/00P.

Denunciado: Raúl González Iglesias.

DNI: 34922800Z.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Marcelo Macías, nº 6-2º (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Instructora: Míriam Areal López.

-Expediente: OU 216/00P.

Denunciado: José Luis Chaves Gómez.

DNI: 34571914.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ San Francisco, nº 12-2º (Ourense).

Feito denunciado: pescar en luns e sen licencia de pesca.

Preceptos infrinxidos e sancionadores: art. 34.1º e 34.8º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 75.000 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Instructora: Míriam Areal López.

-Expediente: OU 224/00P.

Denunciado: José Antonio González Limia.

DNI: 34991622C.

Derradeiro enderezo coñecido: estrada de Mende, nº 89 (Ourense).

Feito denunciado: pescar unha troita de 15,5 cm sendo a dimensión mínima legal de 19 centímetros.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 3.000 pesetas.

Instructora: Míriam Areal López.

-Expediente: OU 228/00P.

Denunciado: Vicente Atanes Rodríguez.

DNI: 76707678X.

Derradeiro enderezo coñecido: Tariñeira, Gudín. Xinzo de Limia (Ourense).

Feito denunciado: pescar en luns, día inhábil para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.8º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Instructora: Míriam Areal López.