Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación de dous expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos AC-EP 264 e 278/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a María Silva Costoya, secretaria provincial e secretario a Manuel Jesús César Couso, posto base do grupo A, que poderán ser recusados en calquera momento da trami

tación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), infórmaselle que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993-; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictada resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

A Coruña, 2 de outubro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Multa

máxima

AC-EP 264/2000Emilio Piedra López

DNI: 45.427.713

Travesía da Feira, nº 19-5º B

Padrón

Club Caribe23-o) LO

1/1992

28 LO

1/1992

De 50.001 ptas. ata 5.000.000 de ptas.

AC-EP 278/2000Emilio Piedra López

DNI: 45.427.713

Travesía da Feira, nº 19-5º B

Padrón

Club Caribe23-o) LO

1/1992

28 LO

1/1992

De 50.001 ptas. ata 5.000.000 de ptas.