Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 17 de abril de 2000, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da concesión de ocupación de dominio público dun establecemento de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, sométese a información pública a solicitude de modificación da concesión de ocupación de dominio público do establecemento que se describe:

Tipo: granxa mariña.

Actividade: cultivo de peixes.

Especies: rodaballo (psetta maxima).

Localización: Punta dos Remedios-Lira-Carnota.

Ocupación de dominio público solicitada: 1.890 m.

Titular: Stolt Sea Farm, S.A.

DNI/CIF: A-28.682.987.

O expediente, integrado polo proxecto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exposición: Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña.

R/ Ramón y Cajal nº 1-5ª planta (Casa do Mar) 15006 A Coruña.

Días e horas: luns a venres das 9 ás 14 h.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de abril de 2000.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña