Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ó corpo de mé-

dicos forenses, convocado por Resolución do 5 de xullo de 2000.

Visto o expediente instruído para a provisión en concurso de traslados de forensías e agrupacións de forensías vacantes, anunciado pola Resolución do 5 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, publicada no BOE do 18 de xullo de 2000, e de conformidade co establecido nos artigos 455 e 500.1º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, polo que se modifica o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear para os destinos que se indican os médicos forenses que se citan no anexo, que reunindo as condicións legais teñen dereito preferente.

Segundo.-Declarar desertas aquelas prazas convocadas no concurso que non foron cubertas por un titular.

Terceiro.

1. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será dun mes, pero, cando non implique cambio de residencia, deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ó do cesamento.

2. O prazo para a toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no BOE.

3. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

Cuarto.-O traslado do funcionario que se atope gozando das vacacións, permisos ou licencias de enfermidade e embarazo terá efectividade a partir da finalización destas. O día da súa incorporación cesarán no seu anterior destino, dispoñendo a partir dese momento de tres días hábiles ou un mes de prazo posesorio.

Quinto.-Recursos. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

ANEXO

Nº orde: 1.

Apelidos e nome: Varela Rodríguez, Francisco José.

DNI: 32.618.040.

Destino anterior: Primeira Instancia e Instrucción número dous e tres de Ferrol.

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción número dous e tres de Lugo.

Nº orde: 2.

Apelidos e nome: De la Fuente Pérez, Mª José.

DNI: 34.912.723.

Destino anterior: Primeira Instancia e Instrucción número tres e seis de Ourense.

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción número un e dous de Ponteareas e número dous de Redondela.