Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/004 de catedrático de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 00/004 convocado por resolución rectoral con data do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 17 de outubro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica da expresión corporal.

Praza nº: 00/004.

Comisión titular:

Presidente: Romero Granados, Santiago, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Secretaria: García Ruso, Herminia, catedrática de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Contreras Jordan, Onofre R, catedrático de universidade. Universidade Castelano-Manchega.

Zagalaz Sánchez, María Luisa, catedrática de escola universitaria. Universidade de Jaén.

Cabrera Suárez, María Dolores, catedrática de escola universitaria. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Comisión suplente:

Presidente: González Cabanach, Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Romero Cerezo, Cipriano, catedrático de escola universitaria. Universidade de Granada.

Vocais:

Cruz Feliu, Jaume, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Fernández García, Emilia, catedrática de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Arruza Gabilondo, José Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.