Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.031

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, lista B, de conformidade coas resolucións do 23 de xuño e 20 de setembro de 2000.

Publicadas as resolucións do 23 de xuño e 20 de setembro de 2000 (DOG nº 129 e 187, do 4 de xullo e 26 de setembro), relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, lista B; e unha vez rematados os prazos previstos nos correspondentes puntos das ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (lista B), da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos das listas.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións

provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública