Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización parcial do camiño vello de Castela.

A Comisión de Goberno, en sesión do vintecatro de setembro de dous mil, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización parcial do camiño vello de Castela, formulado por Priseca, Sociedad Limitada e subscrito polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Gustavo Pérez Álvarez, visado pola delegación en Pontevedra do COAG en data 6-9-1999, coa finalidade de levar á práctica

as determinacións de urbanización do Plan xeral de ordenación urbana, ante a parcela desta sociedade situada con fronte á curva do trazado do camiño vello de Castela.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que ponfin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no art. 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xultado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no art. 117.2º a citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no art. 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no art. 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 5 de outubro de 2000.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera-Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente