Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente por resolución da alcaldía de data 13 de outubro de 2000 acordou dar aprobación ó seguinte expediente:

1. Obxecto: asistencia técnica ó Departamento de Urbanismo deste concello.

2. Prezo: 8.300.000 pesetas (IVE incluído).

3. Prazo do contrato: dous anos.

4. Sistema de licitación: procedemento aberto e concurso público.

5. Prazo de presentación de ofertas: quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns oficiais en publicalo (BOP e DOG).

6. Lugar de presentación de ofertas: no rexistro xeral de concello de luns a venres de 9 a 13 horas ou en calquera dos medios establecidos no Lei 30/1992.

7. Fianza provisional: 2% do prezo de licitación (166.000 pesetas).

8. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

O expediente está a disposición dos interesados na secretaría do concello de luns a venres, de 9 a 13 horas, podendo solicitar información ó teléfono: 981 86 00 75/981 86 00 76. O custo do anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 16 de outubro de 2000.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde