Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 15 (SUNP-15) en Ponte Pereda-Conxo, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Edicto.

De conformidade co previsto no artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia, este anuncio servirá de citación, en forma legal, ós propietarios que non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública por descoñecerse a súa identidade ou o seu paradoiro. Para este fin insíre a seguir a relación

de parcelas e propietarios afectados, segundo a información remitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo:

ParcelaPropietario

1-11, 13-15, 17-25, 27-39, 42-46, 48-50, 52-54, 56, 58-61, 77, 78, 81-83Instituto Galego da Vivenda e Solo

12Hros. de Manuel Raíces Fernández

16Benigno García Suárez

26Javier Ferro Rey

40Benigno García Suárez

41Óscar Fernández Refojo

47Benigno García Suárez

51Benigno García Suárez

57Severino Quintela Álvarez

62David Álvarez Quintela

63Aurora Santos Botana

64José e Dolores López Fernández

65Evaristo Turnes Cequeiro

66Hros. de Antonio Espantoso Noya

67Salvador Reiriz Posado

68Hros. de Vicente Liñares Calvelo

69Enrique Fernández Otero

70Jesús Iglesias Sines e outros

71Hros. de Jesús Liñares Corrales

72Hros. de Constantino González Rodríguez

73Antonio Guerra Piñeiro

74Sara Sixto Cao

75Joaquín Seoane Miguélez

76Hros. de Rafael Vila Rodríguez

79Victoria López López

80José María López Álvarez

84Ponte Pereda ML, S.L.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde