Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Asemblea Xeral da Xunta de Compensación do polígono 1 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, na sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2000, acordou a modificación do proxecto de compensación do citado polígono, aprobado inicialemente o 27 de marzo pasado pola devandita asemblea.

De conformidade con disposto no artigo 133.8º da LSG, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os afec

tados pola citada modificación poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

De acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, este anuncio servirá de citación ós propietarios das parcelas de paradoiro descoñecido ou que non poidan ser citados persoalmente.

Ó abeiro do previsto no artigo 134.1º da LSG cítanse os propietarios non adheridos ós que se lles solicita a ocupación da súa parcela a favor da Xunta de Compensación, recoñecendo lles ós seus titulares unha compensación económica ou unha adxudicación de terreos edificables en proporción á superficie afectada coa reducción axeitada para compensa-los gastos de urbanización correspondentes:

ParcelaReferencia

catastral

PropietarioM que se

ocupan

26269102Comunidade de propietarios do edificio

número 23 da avda. Mestre Mateo

177

33-B6268917Jesusa Bouzas García45

376268921Carmen Barreiro Blanco57

506069910Josefa García Viñas1.185

72-B5967650Mª del Carmen Pérez Romarís94

1215967636José Regueiro Ameneiro240

1305967602Urbán Mahía130

1335868512Higinio Souto Puente67

1385868505Higinio Souto Casal/Santiago Souto Casal342

Así mesmo exclúense do ámbito as parcelas números 38-39 (referencia catastral 6268912) da comunidade de propietarios do edificio número 20-22 da rúa da Espiñeira.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.

Luis Toxo Ramallo

Primeiro tenente alcalde