Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle na rúa Aragón esquina á travesía de Vigo. (Expediente 5796/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 31 de agosto de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle na rúa Aragón esquina travesía de Vigo (expediente 5796/411), presentado pola promotora Vanesa, S.L., e redactado polo arquiteco Roberto Lamas Díaz, con visado do COAG do 18 de febreiro de 2000.

Segundo.-Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e no BOP segundo o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con notificación persoal ós propietarios afectados, así como ás comunicacións e traslados previstos no número 3º do devandito artigo.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificacións nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 14 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo