Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, en virtude de Decreto do 14 de xullo do ano que corre, deu aprobación definitiva ó proxecto de reparcelación de Xunqueira-Magazos SUU2, redactado pola entidade Monsa Urbanismo.

A devandita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe a interposición potestativa do recurso de reposición, no prazo dun mes, perante o mesmo órgano que o dictou, ou ben a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante o correspondente Xulgado do Contencioso-Administrativo ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución de competencias que se contén na Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Viveiro, 19 de setembro de 2000.

César Aja Mariño

Alcalde