Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, por medio de Decreto do 31 de xullo do ano que corre, aprobou inicialmente a ampliación do

estudio de detalle promovido pola entidade Andrés López Blanco, S.L., para a ordenación de volumes e determinación de aliñacións nun soar da súa propiedade dunhas dimensións de 13.860 m, sito na avda. Ramón Canosa, segundo o proxecto asinado polo arquitecto Gonzalo J. Fernández López.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto do plan para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Viveiro, 19 de setembro de 2000.

César Aja Mariño

Alcalde