Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, en virtude do Decreto con data do 7 de xullo do ano que corre, deu aprobación inicial ó proxecto de reparcelación de Valdeflores, redactado pola entidade Monsa Urbanismo.

Queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación de terreos e demolición en todo o ámbito afectado pola actuación urbanística.

En cumprimento do que dispón a Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Viveiro, 19 de setembro de 2000.

César Aja Mariño

Alcalde