Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2000.

A oferta de emprego público do Concello de Muros para 2000 comprende as seguintes prazas de persoal laboral fixo: a) un oficial mecánico/conductor da brigada de operarios, pertencente á categoría de persoal de oficios, equivalente ó grupo D; b) dous auxiliares de axuda a domicilio, pertencentes á categoría de persoal de oficios, equivalente ó grupo E; c) un operario da brigada, pertencente á categoría de persoal de oficios, equivalente ó grupo E.

I. Bases xerais da convocatoria.

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto desta convocatoria é a provisión en propiedade das prazas citadas anteriormente, de acordo coa oferta de emprego público deste concello para o ano 2000 consonte o que dispoñen a Lei 30/1984, do 2 de agosto, a Lei 7/1985, do 2 de abril, a Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e a Lei do Parlamento de Galicia 4/1988, do 26 de maio.

1.2. Os tribunais de selección non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas.

2. Requisitos.

2.1. Para participaren nas probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos: a) ser cidadán español ou nacional dos demais esta

dos da Unión Europea; b) ter cumpridos 18 anos de idade e non exercer daquela na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por idade; c) te-lo título esixido ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria; d) posuí-la capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspire. As persoas que padezan minusvalidez deberán facelo constar na instancia e sinalar se precisan adaptación das probas; e) non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

2.2. Os anteriores requisitos e os específicos que se esixen para cada unha das prazas débense reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes.

2.3. Será nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade conforme a normativa vixente.

3. Solicitudes.

3.1. Os que queiran participar nas probas selectivas deberán facelo constar en instancia dirixida ó alcalde da corporación, que se presentará no rexistro xeral do concello -directamente ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro-, no prazo de vinte días naturais contados desde que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.2. Á instancia achegaranlle os seguintes documentos: a) fotocopia do DNI ou do documento de identidade correspondente ó país membro da Unión Europea de que se trate; b) recibo do pagamento da cantidade 2.500 pesetas por dereitos de exame na tesourería do concello (directamente ou por xiro postal e achegando, neste último caso, copia de xustificante); c) os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen para a fase de concurso.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Para ser admitido nas respectivas convocatorias será suficiente con que os aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas no número 2 destas bases, amais das que para cada praza se sinalen nos repectivos anexos.

4.2. Rematado o prazo de presentación de instancias, a presidencia da corporación aprobará no prazo dun mes a lista de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello, coa indicación do prazo de emenda que, nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se lles conceda ós aspirantes excluídos.

4.3. A mesma resolución da alcaldía conterá a composición do tribunal e o lugar, hora e data de comezo dos exercicios.

5. Tribunais cualificadores.

5.1. Os tribunais das probas selectivas serán designados consonte o que dispón o R.D. 896/1991, do 7 de xuño, e a súa composición será como segue: a) presidente: o da corporación ou concelleiro no que delegue. b) Secretario: o da corporación ou funcionario municipal no que delegue. c) Vocais: un designado pola alcaldía; un designado polos representantes do persoal; o funcionario xefe do servicio; e un representante da Xunta de Galicia. Tódolos vocais deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas.

A composición concreta de cada tribunal farase pública de acordo co que establece a base anterior.

5.2. Os membros do tribunal deberanse abster de intervir cando concorran as circunstancias que prevé o artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou preparasen aspirantes ás probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando se dean aquelas circunstancias.

5.3. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia de alomenos tres dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

5.4. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes normas e nos casos que elas non prevén.

5.5. Tamén poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas da oposición, de xulgado pertinente. Estes asesores cinxiranse a presta-la colaboración que o tribunal lles requira nas súas especialidades técnicas.

5.6. Para os efectos de asistencia dos compoñentes dos tribunais que actúen nestas probas, estes terán as categorías que correspondan segundo o R.D. 236/1988, do 4 de marzo.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A actuación dos opositores farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola que corresponda conforme o sorteo que tivo lugar na Secretaría de Estado para a Administración pública.

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamada única e excluiranse da oposición os que non comparezan, non sendo en casos xustificados que estime o tribunal. Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI.

6.3. O tribunal publicará no taboleiro de edictos da casa do concello os anuncios do día, hora e lugar nos que teñan lugar o segundo e sucesivos exercicios.

6.4. Os exercicios das diferentes oposicións terán lugar, se é posible, no período que vai do terceiro ó sétimo mes desde que se aproben estas bases.

6.5. Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer alomenos corenta e oito horas e non máis de vinte días.

7. Cualificación dos exercicios.

7.1. Os sistemas de cualificación de cada proba sinálanse nos anexos desta convocatoria.

7.2. Soamente terán acceso ós exercicios voluntarios os aspirantes que superasen tódolos exercicios obrigatorios eliminatorios.

7.3. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse o mesmo día no que se acorden no taboleiro de edictos da casa do concello.

7.4. A puntuación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

7.5. O tribunal poderá acorda-la lectura pública dos exercicios que se fagan por escrito se o xulgan oportuno e pedirlles aclaracións ós aspirantes sobre o seu contido durante un tempo máximo de quince minutos.

7.6. Rematadas as probas o tribunal publicará a relación de aprobados pola orde de puntuación, que remitirá coa acta da última sesión á presidencia da corporación para que faga o nomeamento.

8. Nomeamento.

8.1. No prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte á publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral do concello os seguintes documentos: a) título esixido para participar nas probas selectivas; b) declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; c) declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade referida ó momento da toma de posesión: d) certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento da súa función; e) dúas fotografías tamaño carnet.

8.2. Os aspirantes que desexen acredita-la súa condición de minusvalidez deberán presentar un certificado expedido polos órganos competentes que a acredite e tamén xustificarán a compatibilidade co desenvolvemento dos traballos e funcións correspondentes á praza.

8.3. Os que tivesen a condición de persoal ó servicio das administracións públicas estarán exentos de xustificaren documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento; neste caso, presentarán certificación da Administración pública da que dependan que acredite esta condición.

8.4. Os que no prazo sinalado non presenten a documentación esixida -non sendo por causa de forza maior-, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade.

8.5. Cumpridos os mencionados requisitos, o presidente da corporación nomeará os aspirantes propostos que deberán tomar posesión no prazo dun mes contado desde que se lles notificou o nomeamento.

9. Norma final.

Esta convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma que dispón a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II. Bases específicas para a provisión da praza de mecánico/conductor da brigada municipal de operarios.

1. Sistema: concurso-oposición.

2. A praza está incluída no cadro de persoal do concello, como de persoal laboral fixo.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente; e dos permisos de conducción clase B1, B2, C1 e C2 (B, C1 e C do R.D. 772/1997, do 30 de maio).

III. Bases específicas para a provisión de dúas prazas de auxiliares de axuda a domicilio.

1. Sistema: concurso-oposición.

2. As prazas están incluídas no cadro de persoal do concello, como de persoal laboral fixo.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

IV. Bases específicas para a provisión da praza de operario.

1. Sistema: concurso-oposición.

2. A praza está incluída no cadro de persoal do concello, como persoal laboral fixo.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

Muros, 18 de setembro de 2000.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde