1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: concesión dos servicios de recollida de resudios sólidos urbanos e transporte destes á estación de transferencia de Chantada, sen necesidade de execución de obras.
b) Lugar de execución: Monterrroso, localidades do municipio e no centro penitenciario.
c) Prazo de execución: 5 anos, prorrogables mediante acordo expreso das partes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 7.800.000 pesetas.
5. Garantías.
a) Provisional: 156.000 pesetas.
b) Definitiva: 4 por 1000 do prezo de adxudicación.
6. Obtención de información: Concello de Monterroso-praza de Galicia 1. Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.
c) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-lo cumprimento dos que se establecen no artigo 13 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos de Galicia. Cláusula 12.1 do prego.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.
b) Documentación que integrará as ofertas:
-Sobre A: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan nos artigos 12.1º, 10 e 4 do prego de condicións.
-Sobre B: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece no artigo 12.2º do prego.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia número 1. C.P. 27560 Monterroso (Lugo).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.
9. Apertura de ofertas: na casa do concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación, ás doce horas.
10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.
Monterroso, 16 de outubro de 2000.
Antonio Edelmiro Gato Soengas
Alcalde-presidente