Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación a L.M.T., C.T., R.B.T. de Campo da Feira, no concello de Castroverde. (Expediente 21/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV

do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que durante o período en que se someteu o expediente ó trámite de información pública, se formularon as seguintes alegacións:

1. José Pérez Valiño solicita unha modificación do trazado da liña sobre o predio da súa propiedade co fin de reduci-los efectos da imposición da servidume de paso sobre ela.

2. Laura Torrón Fernández e Miguel Rodríguez Fernández, na súa condición de concelleiros do Concello de Castroverde e en representación do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego solicitan unha modificación do proxecto consistente na subs

titución do trazado aéreo proxectado da L.M.T. entre os apoios 5 e 6 ó seu paso pola explanada do mercado gandeiro, por unha L.M.T. soterrada ata o entroncamento co C.T., así mesmo solicitan o soterramento de diversos tramos da R.B.T. proxectada.

3. O Concello de Castroverde que no Pleno que tivo lugar o 30 de setembro de 1999, acordou logo de moción feita polos anteriores concelleiros, aproba-las modificacións propostas por estes referidos ó proxecto que nos ocupa e delegar na alcaldía para que o autor do proxecto ou persoa en quen delegue comparezan a unha reunión cos membros da Comisión Informativa de Obras, Servicios e Urbanismo coa finalidade de avalia-las ditas modificacións, sendo ratificado este acordo corporativo no Pleno que tivo lugar o 25 de novembro de 1999.

4. Laura Torrón Fernández e Miguel Rodríguez Fernández que, con base na reunión mantida entre os representantes de Unión Fenosa e da Corporación Municipal sobre as modificacións propostas ó proxecto e vistos os planos remitidos pola dita empresa ó concello onde se recollen as ditas modificacións, formulan as súas discrepancias a estes, propondo outra alternativa mediante escrito do 28 de marzo de 2000.

5. O Concello de Castroverde que, no Pleno de 30 de marzo de 2000, acordou aproba-la modificación do proxecto de obras que nos ocupa do 14-2-2000 remitido a este pola empresa Unión Fenosa, facendo constar que o C.T. debe de ser de 250 kVA de potencia e desestimando o devandito escrito de alegacións do 28 de marzo formulado polos concelleiros do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

a) En canto á modificación do trazado solicitada por José Pérez Valiño por que afectaría a un maior número de propiedades, variando incluso as afeccións propostas no presente expediente ademais de implicar que a traza da liña se aproximará a un alboio existente no mercado gandeiro incumprindo as distancias de seguridade especificadas no Regulamento de liñas eléctricas.

b) No que se refire ás alegacións presentadas por Laura Torrón Fernández e Miguel Rodríguez Fernández e o Concello de Castroverde solicitando as variacións antes expostas, por canto froito destas alegacións e das reunións mantidas ó respecto cos representantes do concello, a empresa beneficiaria presentou proposta de modificación do trazado da liña que foi aceptada por acordo plenario da corporación municipal que, pola súa vez, desestimaba as novas alegacións que sobre a proposta formulaban os anteriormente mencionados concelleiros do Bloque Nacionalista Galego. Así mesmo, porque esta delegación provincial remitiu ó Concello de Cas

troverde separata na que se recollía a devandita modificación do proxecto que incluía un C.T. de 250 kVA e foi aceptada de conformidade por este concello segundo escrito do 28 de xullo de 2000.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que na liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997, antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea núa Campo da Feira cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. Gomeán-Castroverde e remate no paso aéreo-soterrado a Campo da Feira, cunha lonxitude de 0,444 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 5 apoios de formigón.

2. Liña de media tensión soterrada Campo da Feira, cunha tensión de servicio de 20 kV con orixe na L.M.T. aérea a Campo da Feira e remate no C.T Campo da Feira, cunha lonxitude de 0,075 km.

3. Centro de transformación prefabricado Campo da Feira, situado en Campo da Feira-Castroverde, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Liña de baixa tensión aérea Campo da Feira con orixe no C.T. Campo da Feira, lonxitude 1,000 km e 17 apoios de formigón e 3 circuítos.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre os terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicio destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966,

e visto o contido do informe técnico de 23 de xuño de 1999, entendendo que os puntos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 26 de xullo de 1999, Diario Oficial de Galicia de data 18 de agosto de 1999 e no BOP de Lugo do 14 de agosto de 1999, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 19 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo