1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:
a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.
c) Características técnicas principais:
1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Maceda, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. D.C. Palas-Friol e remate no C.T. de Maceda, cunha lonxitude de 0,27 km e con 3 apoios de formigón.
2. Centro de transformación intemperie Maceda, situado en Maceda, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.
3. Liña de baixa tensión aérea Agro do Pobre, Ferreiro, Carreira, con orixe no C.T. de Maceda, lonxitude 2,2, km e 32 apoios de formigón.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no que no se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata omesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedecemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 18 de setembro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 36/1999 A.T.Provincia: Lugo.
L.M.T. a C.T. de Maceda.Termo municipal: Palas de Rei.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
27001 Lugo
08027 Barcelona8 Lameiros Labradío José Mª Castro Vázquez r/ Praza Ferrol, 6-10º
3 2 108 1.080
10 Lameiros Labradío Manuel Vázquez Viña r/ Riera de Horta, 8-5º-1
9