Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba e se autoriza o proxecto denominado L.M.T., C.T., R.B.T. de Vilares, no concello de Navia de Suarna. (Expediente 25/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización

de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente a empresa chegou, logo da modificación do trazado da liña e ó abeiro do artigo 24 da Lei de expropiación forzosa de 1954, a un mutuo acordo con tódolos interesados sometidos ós trámites expropiatorios polo que, mediante escrito do 20 de xullo de 2000, solicita que se admita a súa desistencia canto á solicitude inicial de declaración de utilidade pública da instalación L.M.T. C.T. R.B.T. Vilares (obxecto do presente expediente) e que se dicte resolución exclusivamente na parte que corresponda á autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Visto que, en cumprimeno do establecido no artigo 91.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999 de 15 de xaneiro, deuse traslado desta solicitude de desistencia ós interesados sen que dentro do prazo establecido para o efecto se formularan obxeccións contra ela.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuida polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea núa ó C.T. de Vilares, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, orixe na L.M.T. a Castañeda e remate no C.T. de Vilares cunha lonxitude de 0,290 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 5 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie Vilares, situado en Vilares, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea Vilares con orixe no C.T. de Vilares, cunha lonxitude 0,17 km e 3 apoios de formigón.

Segundo.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 24 de novembro de 1999.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 19 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo