Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0965; XG-058, Viveiro-O Valadouro-Mondoñedo, con anexo, por substitución da concesión V-0965; XG-058, Viveiro-Mondoñedo.

O consellleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 18 de xullo de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Juan Ramón Méndez Fernández, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0965; XG-058, Viveiro-O Valadouro-Mondoñedo, con anexo, por substitución da concesión V-0965; XG-058, Viveiro-Mondoñedo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Viveiro, Magazós, Landrove, Chaos, Chavín, Boimente, Abuín, Lobeiras, Vilacampa, Silvosa, Mansián, O Valadouro, Vilaúde, Seara, Adelán, Pouso, Campa, Coubueira, Rego de Areas, Marguide, Viloalle, Coto, San Lázaro e Mondoñedo.

-Rego de Areas e Masma.

II. Expedicións.

Viveiro-O Valadouro-Rego de Areas-Masma-Rego de Areas-Mondoñedo (51,7 Km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

*Unha expedición de ida e volta o día 18 de outubro de cada ano cando coincida en sábado ou domingo.

III. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

*Tarifa partícipe por viaxeiro/Km.: 10,4154 pesetas.

*Tarifa usuario: 11,1445 pesetas.

*Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,5623 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produzca a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes