Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7054; XG-428, Ourense-Castro de Carballedo-Fontefiz-Gundiás-Sanatorio de Toén, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-0364, Ourense-Fontefiz, V-2497; XG-244, Ourense-Sabadelle, con prolongación a San Benito, V-2638; XG-277, Ourense-Vilamarín, con prolongación a Castro de Chantada, e V-1842; XG-131, Ourense-Moreiras, con prolongación ó Sanatorio de Toén.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 6 de xullo de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Alfer, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7054; XG-428, Ourense-Castro de Carballedo-Fontefiz-Gundiás-Sanatorio de Toén, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-0364, Ourense-Fontefiz, V-2497; XG-244, Ourense-Sabadelle, con prolongación a San Benito, V-2638; XG-277, Ourense-Vilamarín, con prolongación a Castro de Chantada, e V-1842; XG-131, Ourense-Moreiras, con prolongación ó Sanatorio de Toén, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Ourense, Cudeiro, Sobral, Gustei, Vilarnaz, empalme Cambeo, Penasalbas, A Ría, A Costa, Vilamarín, O Río, San Martiño, A Tolda, empalme de Seber, Empalme de Trasmontes, A Barrela e Castro de Carballedo.

-Vilamarín, Godesende, Seara, Pica, León, Sagrade e Orbán.

-Vilamarín, Fondevila (Pazo), Borulfe, empalme de Borulfe e empalme da Pitanza.

-Empalme da Pitanza, A Pitanza, Boimorto, empalme de Boimorto e Bouzas.

-Bouzas, Tamallancos e Cambeo (empalme).

-Empalme de Seber, Seber, Corveira, Coedo, Torre, Buciños, Alén do Río, Barrio, Surrego, Trasmontes e empalme de Trasmontes.

-Ourense, Ribela, Belesar, Ferreiros e Fontefiz.

-Ourense, Lonia, empalme de Velle, Velle, Sabadelle, Vilaboa, San Benito, Xubande e Gundiás.

-Xubande, Parada e San Benito.

-Sabadelle, Tibias, San Tomé, Os Canivelos e A Lonia.

-Ourense, rotonda da Valenzá, A Valenzá, empalme As Airas, As Airas, Moreiras, empalme Sanatorio e Sanatorio de Toén.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Ourense e empalme de Velle, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Bouzas e Cambeo (empalme), puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo: empalme de Borulfe-empalme da Pitanza, para o tramo: Bouzas-Ourense e viceversa.

-Do tramo empalme de Borulfe-empalme da Pitanza e do tramo Bouzas-Cambeo (empalme) para o tramo: Cambeo-Ourense.

III. Expedicións e calendario.

Ourense-empalme Cambeo-A Costa-Vilamarín empalme de Seber-empalme de Trasmontes-Castro de Carballedo (31,1 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Orbán-León-Vilamarín-Borulfe empalme-Borulfe a Pitanza-Boimorto-Bouzas-empalme de Cambeo (16,3 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

*Unha expedición de ida e volta ós luns, mércores e venres laborables en período non lectivo.

Ourense-empalme Cambeo-A Costa-Vilamarín-empalme de Seber-Buciños-empalme Trasmontes-Castro de Carballedo (32 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Ourense-empalme de Velle-San Benito-Gundiás (13 km).

*Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Ourense-Belesar-Fontefiz (18,5 km).

*Dúas expedicións de ida e tres de volta de luns a venres laborables.

Ourense-Moreiras-Sanatorio de Toén (9,5 km).

*Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

*Dúas expedicións ós sábados e domingos festivos.

Xubande-Parada-San Benito (2,5 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Sabadelle-Tibias-A Lonia (5,3 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

III. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

*Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 10,1571 pesetas.

*Tarifa usuario: 10,8681 pesetas.

*Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,5236 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición -no prazo dun mes- ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses con tados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes