Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 00-04-521 e tres máis.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto

refundido da Lei de contratos das administracións públicas, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 22 de febreiro de 2000, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, acordou darlle publicidade ás seguintes adxudicacións:

1. 00-04-521: contrato privado de seguro (póliza), para garanti-la prestación de asistencia sanitaria ós bolseiros predoutorais da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Empresa adxudicataria: DKW Previasa, S.A. (NIF A-50004209).

Importe da adxudicación: 6.481.200 pesetas (1.966.800 pesetas con cargo á anualidade do ano 2000 e 4.514.400 pesetas con cargo á anualidade do ano 2001).

2. 00-04-965: asistencia técnica para a realización dos traballos de recompilación, ordenación e clasificación da información sobre plans e programas de I+D europeos, así como o asesoramento para a coordinación entre o V Programa Marco e o PGIDT.

Empresa adxudicataria: Mª Dolores Sánchez Santos (NIF 33279845-H).

Importe da adxudicación: 7.182.000 pesetas (2.646.000 pesetas con cargo á anualidade do ano 2000 e 4.536.000 pesetas con cargo á anualidade do ano 2001).

3. 00-04-1219: asistencia técnica consistente na identificación e clasificación das capacidades dos principais axentes do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa.

Empresa adxudicataria: Norconsult, S.A. (CIF: A-15263706).

Importe da adxudicación: 11.900.000 pesetas.

4. 00-04-1249: asistencia técnica consistente na realización da análise e selección dos sectores económicos e sociais, tradicionais emerxentes máis relevantes para Galicia, e as súas principais necesidades científico-tecnolóxicas.

Empresa adxudicataria: Serviguide, S.L. (CIF: B-15576689).

Importe da adxudicación: 7.766.790 pesetas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento