Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (592/1999).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 592/1999, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Mª Teresa Gómez Louzao, fronte á empresa Iscapo Hostelería, e Isidro Carballeira Poza, en reclamación de cantidade, se dictou, con data do catro de maio de dous mil, sentencia cunha decisión do teor literal siguinte:

«Que, estimando a demanda promovida por Mª Teresa Gómez Louzao, fronte á empresa Iscapo Hostelería, e Isidro Carballeira Poza, en reclamación de cantidade, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a lle aboaren á demandante, polos conceptos reclamados na demanda, a cantidade de noventa e seis mil noventa e sete pesetas (96.097 pesetas), máis un 10% en concepto de xuro anual por mora, en proporción ó período transcorrido desde o vintesete de agosto de mil novecentos noventa e nove ata a data desta resolución, absolvendo o fondo de garantía salarial de tódalas pretensións deducidas na súa contra neste proceso.

E para que lle sirva de notificación de sentencia á empresa Iscapo Hostelería, S.L., e a Isidro Carballeira Poza, con domicilio na Carreira do Conde, nº 8, de Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso e, verificado, procédase ó arquivo destas actuacións.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela, o luns 8 de maio de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado