Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0730; XG-050, Guitiriz-Moscosa-Mesón da Cabra-Merendeiro-Ortigueira, con anexos, por substitución da concesión V-0730; XG-050, Guitiriz-Ortigueira, con anexos.

O consellleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 14 de xullo de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos Eugenio Muiños, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0730; XG-050, Guitiriz-Moscosa-Mesón da Cabra-Merendeiro-Ortigueira, con anexos, por substitución da concesión V-0730; XG-050, Guitiriz-Ortigueira, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Guitiriz, Moscosa, Mesón da Cabra, San Salvador, Barreiro, Merendeiro, Buriz, Vilariño, Xía, Labrada, Toxeiras, Momán, Xermade, Cabreiros, As Pontes, Freixo, Neves, Devesos, Freires, Cuíña e Ortigueira.

-Guitiriz, Senande, Vilarchán, Reixas e Merendeiro.

-Mesón da Cabra, Parga e Moscosa.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Cabreiros e As Pontes, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

Momán-Merendeiro-Reixas-Guitiriz (20,5 km).

*Unha expedición de ida e volta os luns, martes e mércores laborables.

*Unha expedición de ida e volta os xoves e venres laborables.

Momán-Merendeiro-Mesón da Cabra-Parga-Moscosa-Guitiriz (28 km).

*Unha expedición de ida e volta os luns e mércores laborables.

Momán-Merendeiro-Mesón da Cabra-Moscosa-Parga (24 km).

*Unha expedición de ida e volta os segundo e último domingo de cada mes.

Guitiriz-Moscosa-Mesón da Cabra-Merendeiro-As Pontes-Ortigueira (89 km).

*Unha expedición de ida e volta os sábados e domingos.

IV. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

*Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,7090 pesetas.

*Tarifa usuario: 11,4586 pesetas.

*Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,6064 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes