Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7027; XG-401, Santiago de Compostela-Carballo, con anexos, por substitución da concesión: V-7027; XG-401, entre Santiago de Compostela-Carballo-A Laracha, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 6 de xullo de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos Carballo, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7027; XG-401, Santiago de Compostela de Compostela-Carballo, con anexos, por substitución da concesión: V-7027; XG-401, entre Santiago de Compostela-Carballo-A Laracha, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Santiago de Compostela (E.A.), Xoán XXIII, Vista Alegre, p.k. 3,6 (C-545), p.k. 15 (C-545), Portomouro, Bembibre, Rial, encrucillada Anxeriz, Sabadín, Canosa, Ardaña e Carballo.

-P.k. 3,6 (C-545), A Peregrina, Ponte Vilar, Ponte Albar, Merelle, Agro do Mestre, encrucillada Trazo, Tarroeira, Casaldabade, Pontepedra, Abeleira, Bardaos, A Tablilla, A Silva, Comiáns, Golmar e A Laracha.

-Portomouro, Troitosende, Menlle, Codeseira, Xermil, Cabanas, Muiñeira, Páramos, Quintáns, Portomedal, Maxais e Gontar.

-Bembibre, Niveiro, Chabola, Benza e Agro do Mestre.

-Bembribre e Campo da Feira.

-Chabola e Buxán.

-Rial, Vilamaior, Traba, Bazar e encrucillada Anxeriz.

-Canosa, Ramil, Barbalde, Portopaio, San Sadurniño, Alborín e Outón.

-Outón, Pedrasalgueira, Viladabade, Vilar, Codesal, Piñeiro, Balsa e Pontepedra.

-Canosa, Alborís e Outón.

-Encrucillada Trazo, Viaño Pequeno, Viaño Grande, Candendo, Valado e Ordes.

-Candendo, Castelo, Vilouchada, Chaián, Marzo de Abaixo, Polígono Tambre, Meixonfrío, Salgueiriños e Santiago de Compostela (E.A.).

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Santiago de Compostela e p.k. 15 (C-545), puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Casaldabade e A Silva, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Comiáns e Laracha, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Valado e Ordes, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Marzo de Abaixo e Santiago de Compostela, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Muiñeira e Páramos, puntos intermedios e viceversa, e do citado tramo (ámbolos dous puntos incluídos) para Codeseira e viceversa e para o tramo Santiago de Compostela-Portomouros (ámbolos dous puntos incluídos) e viceversa.

-De Codeseira para o tramo Santiago de Compostela-Portomouro (ámbolos dous puntos incluídos) e viceversa.

-De e entre encrucillada de Anxeriz e Traba, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Pedra Salgueira e Alborín puntos intermedios e viceversa e deste tramo (ámbolos dous puntos incluídos) para o tramo encrucillada de Anxeriz-Traba (ámbolos dous puntos incluidos) e viceversa.

-Prohibición de realizar tráfico interior dentro da cidade de Santiago de Compostela.

III. Expedicións e calendario.

Encrucillada Anxeriz-Bazar-Rial (15,4 km)

*Unha expedición de ida de luns a venres lectivos.

Carballo-Canosa-encrucillada Anxeriz -Rial-Bembibre-Portomouro-Santiago de Compostela (46,6 km).

*Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

*Dúas expedicións de ida e volta ós domingos e festivos.

*Dúas expedicións de ida e volta ós sábados laborables.

Laracha-Pontepedra-encrucillada Trazo-Agro do Mestre-Ponte Albar-Santiago de Compostela (50,2 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Pontepedra-encrucillada Trazo-Agro do Mestre-Ponte Albar-Santiago de Compostela (27,9 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Buxán-Chabola-Bembibre-Campo da feira-Portomouro-Santiago de Compostela (31,9 km).

*Unha expedición de ida e volta ós días lectivos. Esta expedición finalizará nos centros escolares: IES Xelmírez II-Campus Universitario-IES Lamas de Abade-IES As Fontiñas, seguindo o itinerario que indique o concello.

Bembibre-Chabola-Agro do Mestre -encrucillada de Trazo-Candendo-Ordes (27,6 km).

*Unha expedición de ida e volta ós días lectivos. Esta expedición finalizará no Instituto de Enseñanza Secundaria, seguindo o itinerario que indique o Concello.

*Unha expedición de ida e volta ós mércores laborables.

Gontar-Quintáns-Xermil-Troitosende-Portomouro-Santiago de Compostela (37,5 km).

*Unha expedición de ida e volta ós días lectivos. Esta expedición finalizará nos centros escolares: IES Xelmírez II-Campus Universitario-IES Lamas de Abade-IES As Fontiñas, seguindo o itinerario que indique o concello.

Benza-Agro do Mestre-encrucillada Trazo-Candendo-Chaián-Santiago de Compostela (39,5 km).

*Unha expedición de ida e volta ós días lectivos. Esta expedición finalizará nos centros escolares: IES Xelmírez II-Campus Universitario-IES Lamas de Abade-IES As Fontiñas, seguindo o itinerario que indique o concello.

Sabadín-Canosa-Carballo (10,9 km).

*Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

*Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

*Unha expedición de ida e volta os festivos e domingos que non sexan de feira.

*Dúas expedicións de ida e volta ó 2º, 4º e 5º domingo de cada mes.

Outón-Alborís-Canosa-Carballo (14 km).

*Unha expedición de volta ós días lectivos.

*Unha expedición de ida e volta ós xoves laborables e ó 2º, 4º e 5º domingo de cada mes.

Pontepedra-Viladabade-Pedra Salgueira-Outón-Alborín-San Sadurniño-Ramil-Canosa-Carballo (34 km).

*Unha expedición de ida e volta os días lectivos. Esta expedición finalizará nos centros escolares: IES Alfredo Brañas-IES Isidro Parga-IES Monteneme, seguindo o itinerario que indique o concello.

*Unha expedición de ida e volta ó 2º, 4º e 5º domingo de cada mes.

IV. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

*Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,80 pesetas.

*Tarifa usuario: 11,556 pesetas.

*Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,62 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición

no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes