Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2896; XG-323, Pontellón-Cabo de Cruz, con anexos, por substitución da concesión V-2896; XG-323, entre Boiro-Cabo de Cruz, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 10 de maio de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Muñiz, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2896; XG-323, Pontellón-Cabo de Cruz, con anexos, por substitución da concesión V-2896; XG-323, Boiro-Cabo de Cruz, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Pontellón, Rueiro, Agramuíña, Escarabotiño, Peralto, Ponte Coroño, Avenida Compostela, Boiro, Vimieiro, Barraña, Saltiño, Rebordelo, Cariño, Castro e Cabo de Cruz.

* Cariño, Castro, Fonte de Mouro, Ladeira e Chazo.

* Boiro e Espiñeira.

II. Expedicións.

Pontellón-Boiro-Cabo de Cruz (8 km).

* Sete expedicións de ida e once de volta de luns a venres laborables.

* Dez expedicións de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

Pontellón-Boiro-Castro-Chazo-Cabo de Cruz (11,8 km).

* Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

Pontellón-Boiro-Espiñeira-Boiro-Cabo de Cruz (11 km).

* Catro expedicións de ida de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida os sábados, domingos e festivos.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,4404 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,1712 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,566 pesetas.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes