Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do Parque Eólico de Serra do Burgo, o proxecto de execución das instalacións que comprende e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se vai desenvolver, conforme o sinalado no proxecto modificado presentado, nos concellos de Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas. (Expediente IN661A 99/1-3 A.T. Modificado).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Iberdrola Diversificación, S.A., de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto modificado de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio ambiental do Parque Eólico de Serra do Burgo.

Lexislación aplicable para os efectos anteriores: Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e, supletoriamente, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, respectivamente, de autorización e de expropiación e sancións en materia de instalacións eléctricas; Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; decretos 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e 337/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

2. Características básicas do proxecto modificado.

a) Peticionario: Iberdrola Diversificación, S.A.

b) Domicilio social: r/ Iparaguirre nº 6-12 Bilbao (Bizkaia).

c) Denominación: Parque Eólico de Serra do Burgo.

d) Situación: concellos de Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM.

Punto 1 (630000, 4686000).

Punto 2 (632000, 4688500).

Punto 3 (633000, 4688000).

Punto 4 (631000, 4686000).

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 19 aeroxeradores de 850 kW/u, que suman unha potencia instalada de 16,15 mW e unha producción bruta estimada en 38.178 mWh/ano.

-Interconexión dos aeroxeradores con dous circuítos eléctricos subterráneos a 20 kV, de 8,5 mW (aeroxeradores 1 ó 10) e 7,65 mW (aeroxeradores 11 ó 19).

-C.T. para instalar en cada aeroxerador de 1.000 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e axuliares necesarios.

-Subestación transformadora. Equipada con transformador principal trifásico 132/20 kV de 55 kVA e cos elementos de manobra, medida e protección necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 1.872.485.261 ptas.

2. Urxente ocupación.-O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Estudio ambiental.-O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1, e pode ser examinada nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria; Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente e nos concellos afectados.

4. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.-Ten por obxecto realiza-la ordenación do territorio do parque eólico, que se inclúe dentro da área de investigación denominada Serra do Burgo, correspondente ó Plan Eólico Estratéxico de Iberdrola, delimitado no Plan Sectorial Eólico de Galicia e que afecta ós concellos de Chadrexa de Queixa e Castro Caldelas, na provincia de Ourense.

5. Alegacións.-Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense; tamén nos organismos citados no punto 4 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo o caso, as alegecións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 26 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense