Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.864

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón á inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo do sector da construcción e obras públicas da provincia da Coruña pola que se acorda aproba-las táboas salariais do ano 2000 e modificacións do convenio colectivo 1999-2001.

Visto o texto da acta asinada o día 11 de setembro de 2000, pola comisión negociadora do convenio colectivo do sector da construcción e obras públicas da provincia da Coruña (código 1500395), subscrita en representación da parte económica, por APECCO e da parte social por UGT e CC.OO., mediante a que se acorda aproba-las táboas salariais para o ano 2000 e as modificacións do convenio colectivo 1999-2001 publicado no DOG nº 192 do 4-10-1999, de conformidade co disposto no art. 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro: dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de setembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Acta nº 3. Convenio construcción provincia da Coruña.

Asistentes:

Por APECCO:

Antón Arias Díaz-Eimil.

Silviano Pizarro Gómez.

Benigno López Bueno.

Manuel López Grobas.

Antonio Fernández Durán.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Por UGT:

Jesús Calvo Romero.

Celestino Pérez Vázquez.

Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

Por CIG:

Victorino Ares Prado.

Na cidade da Coruña, o 11 de setembro de 2000, sendo as 17 horas, reúnense nos locais de APECCO os señores que arriba se relacionan, para revisar e actualizar (segundo o artigo 6º) o convenio colectivo de construcción 1999-2001, asinado o 21 de xullo de 1999 (enmarcado dentro do Acordo sectorial nacional e do convenio xeral do sector da construcción CXSC).

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación, acórdase aprobar por unanimidade as táboas salariais para o ano 2000 que se xuntan a esta acta, e as seguintes modificacións do convenio 1999-2001.

Artigo 6º.-Incremento económico.

Para o ano 2000 aplicarase un incremento de 2,45% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais.

Para o ano 2001 aplicarase, sobre os conceptos mencionados no parágrafo anterior, un incremento igual ó da previsión da inflación establecido para o ano respectivo na Lei de orzamentos xerais do Estado, máis un 0,90%.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial ano 2000.

No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) do 31 de decembro de 2000 supere o 2% efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

O mesmo criterio fixado no parágrafo anterior operará, se é o caso, para a revisión económica do ano 2001, cando o IPC ó 31 de decembro supere o IPC previsto nos orzamentos xerais do Estado máis o 0,50%, que servirán de base para fixa-los incrementos salariais sinalados no artigo 6.1º deste convenio.

A dita revisión, se é o caso, afectará ós conceptos previstos no artigo 6.1 deste convenio.

Artigo 19º.-Desgaste de ferramenta.

Ó persoal con dereito a percibir compensación económica por desgaste de ferramenta, aboaráselle na contía mínima de 70 ptas. por día traballado para o ano 2000.

Artigo 24º.-Axudas desprazamentos.

O persoal con dereito a axudas percibirá por día efectivo de traballo, as cantidades que se detallan:

-Axuda completa: 3.100 ptas./diarias.

-Media axuda de custo: 1.200 ptas./diarias.

Artigo 26º.-Premio por xubilación.

Os traballadores que desexen xubilarse entre os 60 e 64 anos de idade, e sempre que leven traballando ó servicio da empresa sete anos ininterrompidos, terán dereito ó percibo das indemnizacións económicas que se establece, sempre que o cesamento na empresa se produza por petición do traballador.

*Traballador con 60 anos: 200 días salario base anexo I.

*Traballador con 61 anos: 150 días salario base.

*Traballador con 62 anos: 100 días salario base.

*Traballador con 63 anos: 50 días salario base.

*Traballador con 64 anos: 30 días salario base.

Os traballadores afectados por este convenio xubilaranse obrigatoriamente ó cumprir 65 anos de idade, sempre que reúnan as condicións esixidas para o percibo da prestación de xubilación, percibindo da empresa 15 días de salario base (anexo I).

Artigo 33º.-Outras modalidades de contratación.

No punto 4.7º do contrato para a formación, publicouse erroneamente no seu momento o prazo máximo da súa duración, que é de dous anos e non de tres. A redacción quedará da seguinte maneira:

4.7. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos, sen prexuízo do establecido no punto 4.11.

Cando se subscriba por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o artigo 28.1º do CCSC.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou por distinta empresa.

Artigo 39º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada laboral para o ano 2000 de 40 horas semanais de traballo efectivo, o que supón un cómputo anual de traballo efectivo de 1.760 horas, segundo o calendario laboral publicado no BOP nº 293, do 23 de decembro de 1999.

Artigo 54º.-Complemento de hospitalización.

No caso de accidente laboral ocorrido no centro de traballo e en horario de traballo, e que dea lugar a hospitalización, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias por incapacidade temporal, garanta o cen por cento do salario real e, durante un período máximo de seis meses, salvo que finalice antes o contrato de traballo ou a obra.

Disposición adicional.-Sétima.

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio, terá dereito a percibir, como atrasos, o IPC previsto nos orzamentos xerais do Estado para o ano.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a prestación das táboas salariais e modificacións do convenio indicado ante a delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no DOG.

Por parte da central sindical CIG, aínda participando en tódalas reunións de debate deste convenio colectivo e entendendo que parten dunha plataforma conxunta con CC.OO. e UGT, non conseguindo ningún dos puntos da dita plataforma e respectando a postura dos demais representantes da mesa, a CIG, de acordo cos seus organismos confederados, non pode asinar este acordo.

En proba de conformidade asínase a presente no lugar e na data máis arriba indicados.

Táboa de retribucións

NiveisCategoríasSalarioComplemento

(por día efectivo traballado)

GratificaciónsVacaciónsTotal

anual

Valor

hora

extra

DíaMesAsistenciaDistancia

e transporte

XulloNadal

IITitulado superior6.040199.191865846268.891268.891268.8913.411.8362.280

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe socc. org. 1ª5.201158.744865688217.818217.818217.8182.775.4641.860

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xral. de fábrica, encargado xeneral5.059161.783865661208.997208.997208.9972.665.8961.790

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeneral de obras, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefes de compras4.610138.313865608191.974191.974191.9742.450.8311.660

NiveisCategoríasSalarioComplemento

(por día efectivo traballado)

GratificaciónsVacaciónsTotal

anual

Valor

hora

extra

DíaMesAsistenciaDistancia

e transporte

XulloNadal

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra3.930117.892865529166.295166.295166.2952.133.0451.450

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctica de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz3.493104.790865525151.477151.477151.4771.931.7761.330

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial de 1ª de oficio3.419102.570865515148.251148.251148.2511.895.0981.310

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio3.344100.320865505145.459145.459145.4591.859.3871.290

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio3.240865491140.810140.810140.8101.807.5061.260

XIEspecialista de 2ª, peón especial3.217865488140.072140.072140.0721.796.9241.260

XIILimpadora, peón ordinario3.152865479137.522137.522137.5221.765.5101.220

XIIIMozos dos recados e pinches de 16 a 18 anos2.608631389111.507137.507111.5071.433.621

NOTA:

As categorías que se indican cunha antigüidade na empresa anterior ó 1-6-1992 rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis:

Nivel VII: oficial 2ª administrativo; nivel VIII: auxiliar técnico e administrativo; nivel IX: listeiro.

Para as categorías das que os devengos son mensuais o salario multiplícase por 30 días e os complementos de asistencia por 22 días.

A retribución do traballador en prácticas durante o primeiro ano de vixencia será do 60% e para o segundo ano do 75% desta táboa.