Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se abre unha lista de matrícula para diversos cursos de mergullo profesional.

Publicada a Orde do 23 de abril de 1999, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a Resolución de 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se abría un prazo de preinscrición para os cursos de iniciación ó mergullo profesional e mergullador profesional de segunda clase restrinxido, procede abrir un proceso de matriculación para os cursos que se van impartir proximamente. Por todo o exposto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Tipo de cursos.

1. Ábrese un prazo de matrícula de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para participar en cursos que se van impartir na escola de mergullo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, correspondentes ás seguintes titulacións:

a) Iniciación ó mergullo profesional.

b) Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

c) Primeiros auxilios para mergulladores profesionais, nivel I.

2. Os cursos convocaranse de acordo coa matrícula existente unha vez rematado o período ó que se refire o parágrafo anterior, sendo necesario, agás autorización expresa da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, un mínimo de 12 alumnos para dar inicio a cada un dos cursos.

Segundo.-Requisitos.

Para formaliza-la matrícula, os aspirantes deberán cumpri-los requisitos contidos na orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 23 de abril de 1999 (DOG do 12 de maio).

Terceiro.-Documentación preceptiva.

1. Os solicitantes deberán presenta-la seguinte documentación con carácter obrigatorio:

a) Instancia dirixida á directora do Igafa no que soliciten a súa admisión.

b) Unha fotografía recente de tamaño carné co nome escrito no dorso

c) Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade.

d) Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

e) Certificación médica de aptitude para o mergullo.

f) Certificado de avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo.

g) Fotocopia cotexada do título de graduado escolar, ou graduado de ensino secundario ou equivalente.

h) Para o caso de mergullador profesional de segunda clase restrinxido, título de iniciación ó mergullo profesional.

2. Así mesmo, aqueles solicitantes que desexen alegar circunstancias que poidan ser obxecto de baremación de acordo co artigo quinto e o anexo I desta resolución, poderán presenta-la seguinte documentación:

a) Certificado municipal de empadroamento.

b) Fotocopia da declaración da renda correspondente ó último exercicio.

c) Acreditación de ter vinculación persoal ou familiar co sector pesqueiro, de acordo do establecido no anexo I desta resolución.

Cuarto.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes de matrícula presentaranse no rexistro do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa ou por calquera das formas establecidas na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999).

Quinto.-Criterios de prelación.

No suposto de que as solicitudes de matrícula superen as de prazas para os cursos e, en todo caso, para determina-la orde de participación nos cursos sucesivamente convocados, empregaranse, de conformidade do recollido no anexo I, os seguintes criterios de prelación:

1. Para os cursos de iniciación ó mergullo profesional:

a) Estar preinscrito no centro ó abeiro da Resolución do 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (DOG do 8 de xullo de 1999).

b) Proximidade xeográfica, considerándose que a zona de influencia do centro se estende a toda a Comunidade Autónoma galega.

c) Renda persoal ou, se é o caso, da unidade familiar.

d) Vinculación profesional co sector pesqueiro.

2. Para os cursos de mergullador profesional de 2ª clase restrinxido:

a) Estar preinscrito no centro ó abeiro da Resolución do 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación (DOG do 8 de xullo).

b) Ter cursada a titulación de iniciación ó mergullo profesional no Igafa.

c) Proximidade xeográfica, considerándose que a zona de influencia do centro se estende a toda a Comunidade Autónoma galega.

d) Renda persoal ou, se é o caso, da unidade familiar.

e) Vinculación profesional co sector pesqueiro.

Sexto.-Valoración das solicitudes.

1. As solicitudes presentadas serán valoradas por unha comisión cualificadora formada por:

-A directora do Igafa, que actuará como presidenta.

-A xefa de estudios do centro.

-Un profesor da sección de mergullo profesional do centro.

O secretario do centro, que actuará como secretario da comisión con voz e voto.

2. En caso de empate dirimirá o voto de calidade da presidenta.

3. A comisión deberá facer pública, mediante a súa exposición no taboleiro de anuncios do centro, a relación de solicitudes nas que se observou algún erro ou omisión, e dará un prazo de dez días para a súa emenda.

Sétimo.-Publicación da relación provisional e definitiva.

1. Unha vez transcorrido o prazo de emenda ó que se refire o artigo anterior, a comisión fará público no taboleiro de anuncios do centro a relación provisional de solicitantes debidamente baremados, e abrirá un prazo de tres días para posibles reclamacións.

2. A comisión cualificadora resolverá nun prazo máximo de cinco días as reclamacións presentadas e publicará a relación definitiva de solicitantes, baremada de acordo cos criterios establecidos nesta resolución.

3. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes perante o director xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Oitavo.-Admisión ós cursos.

1. As prazas correspondentes ós cursos convocados serán ocupadas polos solicitantes incluídos na lista baremada por rigorosa orde de prelación.

2. Para os efectos do sinalado na liña anterior, a secretaría do centro comunicaralle por escrito ó interesado a data prevista de comezo de curso e o día e hora no que debe comparecer no centro para a realización das probas previas de resistencia física e de compresión e tolerancia ó osíxeno hiperbárico.

3. No suposto de que un solicitante renuncie expresamente ó seu dereito de admisión ó curso que por orde de prelación lle correspondese, pasará a ocupa-lo último lugar da lista. A incomparecencia á

convocatoria para pasa-las probas físicas e de compresión e tolerancia ó osíxeno hiperbárico considerarase para estes efectos coma unha renuncia tácita.

4. Así mesmo, no caso de que se produza unha segunda incomparecencia ou renuncia a participar nun curso para o que foi convocado, o interesado perderá definitivamente o dereito de participación nos cursos e será excluído da lista. Neste suposto e logo de solicitude por escrito á dirección do centro, poderá ser incluído, se é o caso, na lista de reserva que se recolle no artigo seguinte.

Noveno.-Admisión de novas solicitudes e lista de reserva.

1. Con independencia do proceso definido nos artigos anteriores, a secretaría do Igafa poderá admitir, fóra do prazo recollido no artigo 1, solicitudes debidamente documentadas para participar en cursos de mergullo profesional que serán baremadas e incluídas nunha lista de reserva.

2. Os integrantes da lista de reserva á que se refire o parágrafo anterior só poderán admitirse ós cursos de mergullo profesional impartidos no Igafa unha vez que se esgote a lista principal de solicitantes elaborada consonte o establecido nesta resolución.

Décimo.-Posibilidade de reserva administrativa de prazas.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura poderá reservar para si ata un máximo dun 25% das prazas ofertadas para a formación dos seus propios recursos humanos ou, se é o caso, para colectivos profesionais pertencentes a entidades públicas coas que se asinase un acordo de colaboración ó respecto.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación

ANEXO I

Baremo:

A) Criterios para a valoración de solicitudes para os cursos de iniciación ó mergullo profesional:

-Estar preinscrito no centro ó abeiro da Resolución do 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación: 3 puntos.

-Proximidade xeográfica:

a) Alumnos con domicilio na zona de influencia do centro: 5 puntos.

b) Alumnos con domicilio en zonas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

Renda persoal ou, se é o caso, da unidade familiar.

Xuntarase fotocopia da folla de liquidación do imposto sobra a renda das persoas físicas da unidade familiar, correspondentes ó último exercicio. Cando

os contribuíntes opten pola modalidade de declaración separada, achegarase fotocopia de ámbalas follas da daclaración. No caso de non ter presentada declaración por non estar obrigado pola contía dos ingresos, deberase presentar certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria de que efectivamente non se presentou a declaración.

a) Rendas iguais ou inferiores ó dobre do salario mínimo interprofesional: 2 puntos.

b) Rendas superiores ó dobre do salario mínimo interprofesional: 0 puntos.

c) Vinculación profesional co sector pesqueiro: 2 puntos.

(Acreditarase mediante documento contractual ou administrativo a vinculación laboral co sector pesqueiro ou acuicultor do solicitante ou dalgún familiar en primeiro grao no período dos tres anos naturais anteriores á data da solicitude).

B) Criterios para a valoración de solicitudes para os cursos de mergullador profesional de 2ª clase restrinxido:

-Estar preinscrito no centro ó abeiro da Resolución do 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación: 3 puntos.

-Ter cursada a titulación de iniciación ó mergullo no Igafa: 3 puntos.

-Proximidade xeográfica.

a) Alumnos con domicilio na zona de influencia do centro: 5 puntos.

b) Alumnos con domicilio en zonas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

-Renda persoal ou, se é o caso, da unidade familiar.

Xuntarase fotocopia da folla de liquidación do imposto sobra a renda das persoas físicas da unidade familiar, correspondentes ó último exercicio. Cando os contribuíntes opten pola modalidade de declaración separada, achegarase fotocopia de ámbalas follas da daclaración. No caso de non ter presentada declaración por non estar obrigado pola contía dos ingresos, deberase presentar certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria de que efectivamente non se presentou a declaración.

c) Rendas iguais ou inferiores ó dobre do salario mínimo interprofesional: 2 puntos.

d) Rendas superiores ó dobre do salario mínimo interprofesional: 0 puntos.

-Vinculación profesional co sector pesqueiro: 2 puntos.

(Acreditarase mediante documento contractual ou administrativo a vinculación laboral co sector pesqueiro ou acuicultor do solicitante ou dalgún familiar en primeiro grao no período dos tres anos naturais anteriores á data da solicitude).