Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia exposición pública das listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II e III correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2000 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6 procedemento das condicións xerais do acordo da Comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 2000 do persoal ó servicio da Administración de xustiza nesta Comunidade Autónoma, ó que se lle deu publicidade por Resolución do 10 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 101, do 25 de maio de 2000, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ós programas I, II e III: axuda fillos e estudios fillos,

estudios funcionarios e axuda minusválidos, que están expostas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia.

Segundo.-Os solicitantes dos devanditos programas poderán presentar escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 2000, nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (praza de Europa, 5A-4º Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Director xeral de Xustiza