Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da proposta de aprobación definitiva da modificación das normas subsidiarias: descatalogación das ruínas da Casa do Soto.

O Concello de Nigrán, por acordo plenario do 28 de xullo de 2000, aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na lexislación aplicable,

a proposta de modificación singular das normas subsidiarias de planeamento do municipio de Nigrán e, en consecuencia, excluí-la denominada Casa de Soto, do catálogo do anexo II das normas subsidiarias de planeamento, no que figuraba co número 31.

Por aplicación do previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor da modificación aprobada quedan condicionadas á recepción do expediente pola consellería competente e á publicación da ordenanza segundo o establecido na lexislación do réxime local.

A citada resolución pon fin á vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 5 de setembro de 2000.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde