Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: a contratación urxente por este concello das obras denominadas Pavimentación rúas en Sta. Xiá de Monfero, O Val de Xestoso e O Alto de Xestoso.

Tipo de licitación: 19.000.000 de ptas.

Prazo de execución: catro meses.

Garantía provisional: 380.000 ptas.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Proposicións: prsentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, no horario de 9 horas a 13 horas, durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e consonte o modelo de proposición anexo a este.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Información: no Concello de Monfero. Teléfono 981 79 38 85.

Monfero, 26 de setembro de 2000.

Andrés Feal Varela

Alcalde