Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, en sesión do 7 de setembro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 15 sita en Pedaras Negras-San Vicente do Mar, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de María del Carmen Paula Ouro Morales e Rafael Ouro Morales, en representación de Espiño, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de

detalle durante un mes, que comezará a contar desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio a notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 19 de setembro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde