Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000, da Xunta de Goberno do Consello Municipal de Deportes, pola que se anuncia poxa urxente para a contratación do proxecto de melloras e reposición do céspede artificial do campo de fútbol de Oira.

Entidade adxudicadora.

1. Organismo: Consello Municipal de Deportes.

2. Dependencia na que se tramita o expediente: oficinas do Pavillón de Deportes de Ourense.

Obxecto do contrato.

1. Descrición do obxecto: poxa mediante procedemento aberto para a contratación do proxecto de melloras e reposición do céspede artificial do campo de fútbol de Oira.

2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo máximo de catro meses.

Trámite, procedemento e formas de adxudicación.

1. Trámite: ordinario.

2. Procedemento: aberto.

3. Forma: concurso.

Orzamento base da licitación.

Importe total: 99.052.325 pesetas (595.302,15 euros), IVE incluído.

Fianzas.

Definitiva: 4% da adxudicación.

Obtención da documentación e información.

Entidade: Consello Municipal de Deportes.

Enderezo: rúa Pardo Cela, 2.

Localidade e código postal: Ourense 32002.

Teléfono: 9888 37 05 39.

Requisitos.

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo G-E, subgrupo 6-7, categoría f-c.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou DOG, de 10 a 13 e de 17 a 20 horas.

2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas.

3. Lugar de presentación: no rexistro do Consello Municipal de Deportes, sito na rúa Pardo Cela, 2.

4. Localidade: Ourense.

5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

Apertura das ofertas.

1. Entidade: Consello Municipal de Deportes.

2. Enderezo: rúa Pardo Cela, 2.

3. Localidade: Ourense.

4. Data: o día hábil seguinte ó que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas na sala de xuntas do Pavillón Municipal de Deportes.

Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Gastos dos anuncios.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 26 de setembro de 2000.

Odilo Masid González

Presidente en funcións do Consello Municipal

de Deportes