A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 6 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma, polo que, aceptada a renuncia dos seguintes representantes da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
O cesamento de Daniel Garrido Castromán como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.
O cesamento de Gonzalo Bóveda Pérez como vocal do Consello de Administración da Autoridade Por
tuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.
O cesamento de Valentina Fernanda Cerviño Villaverde como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda