Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.805

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de setembro de 2000 pola que se dispón o nomeamento de vocais en representación da Xunta de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás Comunidades Autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 6 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, acepta a renuncia de catro dos representantes da Xunta de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear a Amadeo Rodríguez Vila como vocal do Consello de Administración da Autoridade Porturaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nomear a Gumersindo Paz Rey como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nomear a Silvana Domínguez Redondo como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nomear a Mª Elena Suárez Sarmiento como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda