Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.805

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 26 de setembro de 2000 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

Por outra banda, o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente aprobado no Pleno con data do 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do consello, polo que, solicitada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (en diante Fegamp), o cesamento dos vocais designados polos municipios e provincias, procede acordalo e nomea-los novos representantes propostos pola Fegamp.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como vocais titulares e suplente do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Fegamp, agradecéndolle-los servicios prestados, a:

Adolfo Gacio Vázquez e Manuel Rodríguez Doval como titulares e Xosé Ramón Montero Escrigas como suplente.

Artigo 2º

Designar como vocais e suplente do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta da Fegamp, en substitución dos que causan baixa por esta orde, as persoas que a continuación se relacionan:

José Antonio Santiso Miramontes e Francisco Xabier Míguez Santos como titulares e Jesús Otero Varela como suplente.

Artigo 3º

Despois dos ditos cesamentos e nomeamentos, os vocais do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta da Fegamp, en representación dos municipios e provincias, son os seguintes:

-Como titulares: Santiago Camba Bouzas, José Antonio Santiso Miramontes, Julio Sacristán de Diego e Francisco Xabier Míguez Santos.

-Como suplentes: Antonio Evaristo Muíño Peña, Jesús Otero Varela, Xosé L. Rodríguez Lorenzo e Andrés Feal Varela.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente