Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto Parque Eólico de Álabe-Leste. (Expediente 058-EOL).

En cumprimiento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigo 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, do ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública,

por solicitude da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto Parque Eólico de Álabe-Leste.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A., praza de Ferrol, nº 6, 27001 Lugo.

Situación: Concello de Ourol (Lugo) e O Valadouro (Lugo).

Situación (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.623.486,00; 4.819.495,00), V(0.622.450,00; 4.818.600,00).

V(0.622.109,00; 4.818.828,00), V(0.622,262,00;4.819.141,00).

V(0.621.000,00; 4.820.000,00), V(0.620.615,00; 4.820.000,00).

V(0.619.252,00; 4.820.917,00), V(0.619.149,00; 4.820.000,00).

V(0.619.049,00; 4.819.100,00), V(0.618.800,00; 4.819.100,00).

V(0.618.800,00; 4.819.600,00), V(0.618.313,00; 4.821.640,00).

V(0.618.492,00; 4.821.776,00), V(0.619.005,00; 4.821.356,00).

V(0.620.451,00; 4.821.948,00) V(0.620.218,00; 4.821.074,00).

V(0.622.592,00; 4.819.557,00), V(0.623.337,00; 4.819.615,00).

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 21.

-Potencia nominal unitaria: 750 kW.

-Potencia total instalada: 15,75 MW.

-Tipo de aeroxerador: NEG-MICON NM750/44 e NM750/48.

-Producción neta anual estimada: 43.017 MWh/ano.

-Orzamento total: 2.137.729.539 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-21 aeroxerados tipo NEG-MICON NM750/44 e NM750/48 de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-21 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-3 centros de recollida de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación trasformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no Parque Eólico Álabe-Leste, composta por un transformador principal 20/132 kV de 17,5 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gavias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudicar-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, árbores, postes ou outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxecións ou alegacións que consideren oportunas a este, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental corespondente ás instalacións do parque eólico de Álabe-Leste poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medioambiente en Lugo, e concellos de Ourol e O Valadouro, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería e Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/12992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 25 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo.

Parque Eólico Álabe-Leste

Termo municipal de Ourol

PredioPropietarioAfección (m)

NúmeroUsoLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

50Monte baixoCoto de SinasDescoñecido 11.050 6.500

5.823 5.133

Termo municipal do Valadouro

PredioPropietarioAfección (m)

NúmeroUsoLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

60Monte baixoCoto de SinasComunidade de veciños Frexulfe.

Pte.: Celso Pernas Viveiro

Frexulfe nº 4-Ferreira do Valadouro21.686 142.54041.316165.243 133.423

141.681 134.079

93CamiñoCuadramónDescoñecido14.250

(a) y (b) Segundo alternativas de camiño reflectidas nos planos. Só unha delas se executará.

S.E.: superficie expropiación - S.P.: servidume paso - S.V.: superficie vuelo - P.E.: superficie protección eólica - S.T.: ocupación temporal.