Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.532.379 e dúas máis).

A) Obra.

1. Abastecemento e saneamento en Riós. (Riós-Ou-

rense).

Clave: OH.532.379.

Orzamento: noventa e oito millóns de pesetas (98.000.000 de ptas., equivalente a 588.991,862 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento e saneamento en Rairiz de Veiga-segunda fase. (Rairiz de Veiga-Ourense).

Clave: OH.532.375.

Orzamento: trinta e oito millóns seiscentas unha mil novecentas vinteseis pesetas (38.601.926 ptas., equivalente a 232.002,248 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento en Morgade. (Padrenda-Ourense).

Clave: OH.332.365.

Orzamento: trinta e dous millóns duascentas cincuenta mil pesetas (32.250.000 ptas., equivalente a 193.826,404 euros).

Prazo de execución: 7 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día dezaoito (18) de outubro de 2000.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) do presente anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día trinta e un (31) de outubro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia